2011/09/16

En lembranza de Mª Dolores Martínez Tobío


Súmome á homenaxe colectiva das compañeiras e compañeiros de bibliotecas escolares e doutros moitos docentes que sen estarmos directamente implicados non por iso deixamos de aproveitar os froitos que delas xorden.
___________________
Comezamos o curso con tristeza.
Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.
Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto!  Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.
Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.
Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares
posanollocurtiscambre 
jdoloresj
 teisolgamuxiavictorsaenztaragonacatoiraquintelatrafgegandoImaxe das ligazóns: Rapaza lendo. Gustav Adolf Hennig   

2011/09/15

Mini e Mero premio Ramón Piñeiro-Facer País

Parabéns a Mini e Mero pola concesión do premio Ramón Piñeiro López-Facer Paísmúsicos, poetas, mestres, investigadores do patrimonio cultural galego e prolingüeiros onde os haxa.
Este premio convócao a asociación cultura Val de Láncara que tamén desde o ano 2001 vén organizando a Festa da Malla
Se nos fixamos nos galardoados ao longo da traxectoria do premio vemos que pode que non estean todos os que están, pero dende logo, si son todos os que están.
2011 - Mini e Mero
2010 - Real Academia Galega
2009 - Luz Pozo Garza
2008 - Avelino Pousa Antelo
2007 - A Nosa Terra
2006 - Xosé Neira Vilas
2005 - Xosé Manuel Beiras
2004 - Milladoiro
2003 - Luís Tosar
2002 - Isaac Díaz Pardo

Como mostra da arte de Mini e Mero, déixovos un vídeo de hai agora un ano da súa interpretación do poema Penélope do poeta chairego Xosé María Díaz Castro.

20110909 Manifestación contra os recortes no ensino

Profesoras e profesoras manifestámonos en Compostela contra uns recortes que afectan directamente á diminución da calidade de ensino para as nosas alumnas e alumnos.

2011/09/12

Volta ás aulas

Para @s que volvedes desanimad@s, queimad@s, indignad@s nestes malos tempos que corren, déixovos este vídeo onde se recoñece o noso traballo, o noso papel imprescindible na educación.


Poderemos con todo isto que nos afasta do fermoso acto de educar porque elas e eles precisan de nós.
Benvidos ao novo curso!