2011/11/08

Clasificación semántica dos substantivos


Antropónimo: nome de persoa (Uxía).
Hipocorístico: variante familiar dun nome propio (Catuxa, Pepe...).
Alcume: denominación dunha persoa que non son o seu nome, normalmente poden afectar a un individuo ou a toda a súa familia ou provir dalgunha característica física (O Roxo, os Farrucos-os do Farruco).
Patronímicos: apelidos (Ponte, Fernández, Queixas).
Topónimos: nomes de lugar (A Pobra do Caramiñal).
Orónimos: nomes de montañas, serras e soutos (serra da Loba).
Hidrónimos: nomes de ríos, lagos e zonas húmidas (río Pedras).

_______
Exónimos: nomes dos topónimos estranxeiros nunha lingua determinada (Londres, Nova York).

6 comentários:

María disse...

Ben clariño! Saúdos!

Anônimo disse...

Despois de contables, non veñen individuais e colectivos?

A profa disse...

Grazas, efectivamente, hai unha gralla, onde aparece "contables" por segunda vez debería aparecer "colectivos".

A profa disse...

Xa está corrixido.

Anônimo disse...

Grazas por tanto bon traballo

A profa disse...

Grazas polo comentario.