2014/08/30
2014/08/13
Oh capitán, meu capitán...
Onte morría Robin Williams, o actor, ademais do doutor Patch Adams, Armand o divertido pai do noivo, a coidadora Mrs. Doubtfire, o avogado Peter Pan, o profesor Gerald Lambeau, o soldado Adrian Cronauer, para moitas persoas da miña xeración será xa para sempre o querido e admirado profesor Keating.
Fai 25 anos, en novembro de 1989, estreábase El club de los poetas muertos, lembro que non había quen saíse do cine sen os ollos inchados.
Estaba en segundo de carreira cando vin por primeira vez o filme de Peter Weir, era un canto á pedagoxía da liberdade, á fascinación da paixón de ensinar a vivir, a permanecer. Ao longo deste cuarto de século non lembro xa en cantas ocasións tiven a oportunidade de ver de novo a película, pero en todas elas volvín a experimentar a mesma emoción pola profesión.
Grazas Sr. Williams!
2014/05/25
Cea de Graduación IES da Pobra do Caramiñal 2014
Cea graduación 2014 do alumnado de 2º de Bacharelato do IES da Pobra do Caramiñal o 23 de maio de 2014.
* Todos os dereitos reservados.
* Só teñen dereito á utilización de cada unha das imaxes as persoas que nela saen retratadas.
* Estas imaxes inclúen contido con menores de idade.
* Todos os dereitos reservados.
* Só teñen dereito á utilización de cada unha das imaxes as persoas que nela saen retratadas.
* Estas imaxes inclúen contido con menores de idade.
2014/05/16
Tecendo Galicia con Xosé María Díaz Castro
Outro gran de area no achegamento a Díaz Castro no que participamos Enrique Sánchez Rodríguez (educaBarrié), Patricia Galán Gómez (CEIP Ponte dos Brozos) e Pilar Ponte Patiño (IES da Pobra do Caramiñal). A fotografía correu a cargo de Ramón Vila Anca.
Actividades didácticas arredor dos vídeos do Portal das Palabras dirixidas a alumnado de primaria e secundaria.
2014/05/04
Educación con Google Glass - perfecta chuleta para profes
![]() |
| Imaxe vía Glassers. |
Despois de ler esta interesante reportaxe nun dos meus imprescindibles, Mallando no Android, non me podo resistir a facer unha minientrada neste blog sobre as enormes posibilidades educativas que lle vexo a este trebello dentro da aula e fóra dela tamén.
Imaxina...
- Movemento de cabeza, unha orde, pronuncias a palabra e xa podes acceder á súa entrada no dicionario mentres continúas explicando.
- Movemento de cabeza, unha orde, pronuncias a palabra e xa podes acceder a imaxes que a representan.
- Movemento de cabeza, unha orde, levas unha foto do encerado ao final da clase.
- Movemento de cabeza, unha orde, gravas as probas orais (poñéndoo previamente en coñecemento do alumnado), pero sen este sinta a presión provocada pola presenza dunha cámara de vídeo.
- Movemento de cabeza, unha orde, tes diante o guión da túa clase para hoxe para que non te esquezas de nada, é a perfecta chuleta para profes.
E todo isto coas mans libres e sen necesidade de conectar nin enfocar aparellos.
Si seino, quen correrá cos gastos de fisioterapia despois de tanto movemento de cabeza? :D
*Outro día falaremos de dereito á privacidade, normativas escolares, etc.
Assinar:
Postagens (Atom)


