Esta finde
2014/03/03
2014/03/01
2014/01/23
O valego. As falas de orixe galega do val do Ellas (Cáceres - Estremadura)
O valego, lección de resistencia
PILAR
PONTE
A colección
Crónica de Xerais reservábanos como fin de festa para 2013 un
interesante ensaio sobre as falas de orixe galega en Estremadura. Un
estudo dialectolóxico? Si e non. A resposta será afirmativa en
canto o obxecto de estudo, mais tanto polo contido do volume como
polo seu obxectivo estamos perante unha obra que vai máis aló
resultando unha lectura interesante non só para sisudos filólogos
senón tamén para calquera persoa interesada en como a fala pode
sobrevivir durante séculos grazas á conciencia idiomática e de
comunidade diferenciada dos seus falantes.
O doutor
Xosé-Henrique Costas actualiza, reestrutura e revisa de xeito
conxunto os estudos realizados ao longo de dúas décadas de visitas
ao Val do Ellas engadindo ademais materiais inéditos. Para isto
achega a descrición da xeografía, onomástica, demografía e
economía do val formado polos “Tres Lugaris”, realiza unha
historia do galego nesta zona, desenvolve as hipóteses sobre o
mantemento no tempo desta fala, delimita as falas obxecto de estudo e
leva a cabo unha minuciosa descrición lingüística.
Resultan
especialmente atractivos desde o punto de vista sociolingüístico o
capítulo dedicado ao contexto lexislativo e político das linguas
minorizadas en España, o que estuda a Carta Europea das Linguas
Rexionais e Minoritarias, así como o que afonda na historia da
reivindicación destas falas.
Como o autor
recolle no epílogo, o que interesa é que o valego “se coñeza e
se recoñeza, que se ame”.
COSTAS
GONZÁLEZ, Xosé-Henrique: O
valego. As falas de orixe galega do val do Ellas (Cáceres –
Estremadura). Edicións Xerais de Galicia. Vigo, 2013. 278
páxinas.
Este texto foi publicado o xoves 9 de xaneiro de 2014 no suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo.
2014/01/20
Made in Galiza - 1ª semana
Arrincamos con Made in Galiza, para estudar esta obra imos utilizar a guía de lectura Lendo Made in Galiza.
- O compromiso de lectura é ter lido para o xoves 23 de febreiro ata a páxina 26 incluída, isto é, os cinco primeiros textos da obra.
- Do apartado Antes de leres o libro, realiza as actividades 4, 5, 6 e 7.
- Do texto Curtametraxe, realiza a actividade 80.
- [Actividade de carácter voluntario] Do texto Uf, realiza o podcast da actividade 225.
Assinar:
Postagens (Atom)


