2010/01/23

Vídeo da manifestación de Soncine


Magnífico vídeo da manifestación realizado por Soncine, un proxecto audiovisual que fai curtas no IES de Porto do Son e dirixido polo profesor David Pérez Iglesias.

Manifestación "Queremos Galego" 21-01-2010 from SonCine on Vimeo.


4 comentários:

romanlandin disse...

Ola, Pilar

Hai un pequeno erro. SonCIne é o proxecto audiovisual que fai as curtas dende hai varios cursos. Vinte Dez é a canle de TV en liña do ENDL do noso centro. Grazas por postealo.

Neste vídeo traballou sobre todo o coordinador pero dá gusto ver como andan os rapaces polo instituto coas cámaras e cos aparellos de son, luz... Unha semente moi traballada polo profesor David Pérez Iglesias que vai dando os seus froitos.

A profa disse...

Grazas pola aclaración e moi interesante o traballo dese grupo.
Saúdos.

Chousa da Alcandra disse...

Pois eu veño agradecervos a quen tivérades que ver neste magnífico traballo precisamente o telo feito, e a Pilar por ofrecérnolo así de doadiño.

As intervencións son de auténtico luxo. Fixeron que me sentise en Compostela. Graciñas!

A profa disse...

Eu só copio e pego. Concordo contigo en que as intervencións son un luxo, creo que foi un acerto darlle a palabra tamén a persoas anónimas e non só a persoeiros para lograr unha colaxe máis representativa dos que alí estivemos. Saúdos.