2010/03/10

Redes 50: meditación e aprendizaxe



Apuntamentos do capítulo 50 do programa Redes, Meditación e aprendizaxe.

“Neste mundo globalizado necesitamos un novo sistema educativo que fabrique non só traballadores senón cidadáns e de aí que se fale tanto nestes momentos da necesidade de destilar empatía e compaixón nos cidadáns do século XXI.
O camiño para logralo é a confluencia de dúas correntes de pensamento: a corrente contemplativa (representada por figuras como o Dalai Lama) e a corrente da ciencia occidental.
Os científicos descubriron que a meditación (as técnicas contemplativas) ten un impacto sobre o estado e a conciencia dunha persoa. A cuestión é en que medida podemos aproveitar o impacto das técnicas contemplativas na ciencia educativa.
[...]
O traballo con prácticas contemplativas para lles ensinar aos profesores e aos mozos a adestrar a mente e a controlar as emocións non é algo novo para a educación social e emocional. Mais formar as persoas para que o fagan intencionadamente si que é novo. Pode acelerar a súa capacidade de ser máis afectuosos e compasivos.
[...]
Entre os compoñentes da intelixencia emocional están:
a conciencia dun mesmo,
o control das emocións,
a relación cos demais
e a capacidade de tomar boas decisións.
[...]
Axudar as persoas para que adestren voluntariamente a mente mediante a meditación. O recanto da paz nas aulas, un lugar ao que os nenos pode ir para estar en calma, apaciguar a mente e empezar a centrar a atención.
[...]
Nunha sociedade hiperestimulada enfocar a atención é algo cada vez máis problemático. Os trastornos de déficit de atención afectan ao rendemento na aula, mais tamén á nosa percepción de nós mesmos e do mundo que nos rodea. Como se está máis atento? En calquera técnica de meditación se traballa coa atención.
[...]
A calma mental é sinónimo de saúde mental.
Os beneficios máis inmediatos de practicar meditación son: a capacidade de tranquilizarnos, un descenso do estrés, o desenvolvemento da atención, a percepción do detalle e tamén da memoria.
[...]
Os nenos teñen cada vez máis cousas que aprender, máis plataformas para interactuar co mundo, máis estímulos que procesar, e é por iso que non debe resultar extraño que aos nenos lles custe cada vez máis centrarse e focalizar a atención, tomar decisións tendo en conta aos demais e a si mesmos.
[...]
Se a neurociencia nos está demostrando o maleable que é o cerebro, especialmente nos primeiros anos, transformemos a educación para producir persoas con cerebros máis felices, máis responsables e máis cooperativos.”

Um comentário:

Proida disse...

Grazas por compartir; creo que Punset se centra nos grandes problemas do ser humano, xusto co dedo na chaga, tanto neste programa como noutros que lle teño visto. Oxalá todos os mestres tivesen o interese de ver este tipo de programas e de ler información fundamental relacionada co seu traballo...