2010/04/25

Compilación de caligramas e colaxes

Para ilustrar as bases do Concurso de Poesía Visual Uxío Novoneyra 2010 do IES de Porto do Son, Román Landín e Sonia Ces García ofrécennos esta Compilación de caligramas e colaxes na que, ademais dos caligramas máis coñecidos, tamén podemos ver algúns exemplos máis orixinais e outros caligramas e colaxes creados en centros de ensino. Parabéns aos dous.

4 comentários:

Salomé disse...

Estupenda achega, como todas as túas.

biblioluces disse...

Gracias, compañera de intereses y desvelos. Un saludo desde Asturias.
BIBLIOLUCES

A profa disse...

Saúdos aos dous e grazas pola vosa xenerosidade.

Departamento de LGL disse...

Grazas, Pilar, por difundir este recurso e pola felicitación, aínda que é un traballo ben modesto. Tan só queriamos axudar ao noso alumnado para que tivese algunhas referencias e, sobre todo, que visen que rapaces e rapazas da súa idade, mesmo menores ca eles, fixeran traballos ben xeitosos.
Neste sentido, no blogue da biblioteca e do ENDL do CPI de Catoira acaban de publicar algúns caligramas do seu alumnado: http://lecturoliteraturo.blogspot.com/2010/04/caligramas.html