2010/12/22

Flashmob do IES As Barxas para felicitar 2011

Tráiovos hoxe o último traballo do Equipo do IES As Barxas, trátase dun flashmob protagonizado polo alumnado para vos felicitar o aninovo.
Un flashmob consiste nunha actuación sobre a realidade na que un conxunto de persoas se poñen de acordo nun lugar e momento determinados para realizar unha acción simultánea cunha determinada finalidade ou só por pura diversión. 
No noso caso, ademais de divertirnos, pretendemos chamar a atención sobre a importancia da recuperación dun tempo propio para termos unha vida máis feliz.
Segundo a información da que dispoñemos trátase do primeiro flashmob realizado nun centro de ensino galego.
A música atopámola en Jamendo, trátase dun tema de Galdson, que non é outro que o mestre de Ortigueira Vicente Orjales.
A estupenda montaxe do vídeo realizouna Luz, a profesora de plástica.
Se che gusta, PÁSAO!

3 comentários:

luz beloso disse...

as 11.45pm ,......a de plástica está perdidiña del todo¡¡
bicos
luz

A profa disse...

A de plástica non dorme ;)

As Gabarras disse...

Xenial traballo! Parabéns e felicisimo 2011!