Xoaniña roubada do blog da Escola Infantil de San Roque (Compostela) |
A entrada "Hablaba en gallego, qué bajón!", dedicada ás declaracións de Marta de GH, provocou numerosos comentarios, quero agradecer todos eles aínda que nalgúns non comparta as formas, así como tamén as felicitacións recibidas de xeito privado e, sobre todo, a utilización que moitos e moitas de vós fixestes dese minimaterial nas vosas aulas.
Aproveito tamén para ofrecervos este blog como plataforma onde lle facer publicidade ás vosas iniciativas e publicacións, sempre serán ben acollidas.
Grazas a tod@s.