Flocos é un produto de AGADIC realizado pola empresa A navalla suíza, o seu desenvolvemento comezou o 12 de setembro de 2008 e axiña se converteu nun proxecto exitoso. Un sitio web de vídeo con máis de 360 películas realizadas por creadores e creadoras de Galicia, desde 1931 ata agora. En tan só 27 meses de existencia, funcionaba como unha rede social para cineastas e afeccionados, e tiña máis de 1800 membros rexistrados.
Podemos ver o gráfico de visitas, máis datos relacionados coa audiencia aquí, onde é posible observar como sorprende o mantemento dun número de visitas importante malia o abandono da páxina nos últimos tempos:
Esta iniciativa recibiu o premio Mestre Mateo 2008 á mellor obra interactiva, abonda con ver o vídeo.
Coa chegada do goberno presidido por Feijoo a web deixou paulatinamente de incorporar novidades e ultimamente non tiña actualización ningunha.
En febreiro de 2010 Ozo Perozo creaba un grupo en Facebook pedindo a reactivación da páxina e en maio de 2010 o responsable de Medios da Xunta, Cabaleiro, afirmaba que o site seguiría en funcionamento incorporada nun novo portal pero a realidade é que neste momento flocos.tv deixou de existir.
Na web de AGADIC pódese ler:
En febreiro de 2010 Ozo Perozo creaba un grupo en Facebook pedindo a reactivación da páxina e en maio de 2010 o responsable de Medios da Xunta, Cabaleiro, afirmaba que o site seguiría en funcionamento incorporada nun novo portal pero a realidade é que neste momento flocos.tv deixou de existir.
Na web de AGADIC pódese ler:
A Axencia Galega das Industrias Culturais -AGADIC- bota a andar en xuño de 2008 como axencia pública autonómica adscrita á Consellería de Cultura. Ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos suficientes e estables, tal e como establece a súa lei creación (Lei 4/2008, do 23 de maio).
A AGADIC substitúe ao Instituto Galego das Artes Escénicas (IGAEM) e, a diferenza deste, non restrinxe a súa actuación a un sector específico, senón que engloba a totalidade das actividades culturais e artísticas desenvolvidas por creadores individuais, empresas e industrias culturais.
Fins da AGADIC
- Garantir o progreso da cultura galega, e nomeadamente a normalización e o impulso do idioma galego como medio para protexer e fomentar a identidade cultural de Galicia, o desenvolvemento social, o crecemento económico e o diálogo intercultural
- Impulsar a participación, consolidación e cooperación das empresas e profesionais na produción, creación, conservación, difusión e comercialización do patrimonio cultural galego, nun mercado dinámico, sustentable e plural que fomente a participación cidadá e remova os obstáculos que poden dificultar o acceso á cultura, especialmente dos colectivos menos favorecidos.
Flocos non era sitio web máis, ademais dunha páxina de cine, era un impresdindible e insubstituible material pedagóxico e un lugar común onde toda a cidadanía podía gozar do patrimonio filmográfico galego. Do mesmo xeito que non consentiriamos que queimasen a fachada do Obradoiro furtándolla aos nosos ollos, non deixemos que nos furten un patrimonio filmográfico ao que non poderemos acceder doutro xeito. Fala coa túa administración e transmítelle o que para ti significa esta gran perda, pregunta onde vai o noso cine e esixe o retorno do cine galego á túa pantalla, esixe a volta de Flocos.tv á rede!
AGADIC
Rúa de Vesada s/n, San Lázaro. CP. 15703 - Santiago de Compostela
Teléfono: 981 577 126 / 981 577 128
Fax: 981 577 127
Correo: agadicxunta.es
_____________________
Tamén falan do tema:
A Nosa Terra
El voto con botas
Caderno de Lingua
Carta Xeométrica
Chuza
La Voz de Asturias
Público
Um comentário:
Querida Profa Pilar. Gracias polo teu blog. Permitinme utilizar parte do teu texto nunha nova páxina que intenta mobilizar á xente pola recuperación de Flocos.tv. E usar a túa folla para ilustrar a sección de enlaces relacionados.
Este é o enderezo da páxina, que se titula QUEREMOS FLOCOS.TV:
http://www.blogoteca.com/queremosflocostv/index.php
Un saúdo, e gracias.
Vicente Montoto
Postar um comentário