2011/10/17

5000 Parabéns para Trafegando Ronseis



Cinco mil entradas nun blog non é algo que se consiga así coma así, e menos nun blog de carácter educativo e en galego. Trafegando Ronseis é para min desde hai moito tempo un dos blogs de referencia e gustaríame darvos unha cantas razóns para vos facerdes seguidores dese magnífico traballo.
1 - A súa actualización é envexable sobre todo en cuestións lingüísticas e en publicacións de carácter literario.
2 - Nel atopas os mellores vídeos de animación.
3 - A súa sección de materiais sobre violencia de xénero é única.
4 - Se che gusta a publicidade non vas dar feito, teñen moita e de calidade.
5 - Citan as fontes de onde proveñen os materiais de forma que a través deles chegas a coñecer páxinas moi interesantes.
A Anxo non tiven o pracer de coñecelo pero Gracia, ademais, é unha persoa encantadora.
Parabéns para eles dous pola súa traxectoria blogueira e moitísimos ánimos para seguir trafegando en tan fermosos e indispensables ronseis.

2 comentários:

Ronsel disse...

Que calor acaba de me entrar con esta xenerosidade de comentario! Moitas, moitas grazas. Por todo.
Un bico de corazón.
Ah! Se coñeceses a Anxo... el si que vale!!!

A profa disse...

Pois a min paréceme pouco pago por tan bos momentos.
Bks.