2015/07/05

Que 8 libros galegos cres que hai que ler antes de morrer?


Despois de ler a magnífica Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega coordinada por Blanca-Ana Roig Rechou preguntábame como elixir uns poucos títulos ao ano entre tanta produción. Acordeime dun post de febreiro de 2007 no que Francisco Castro lle preguntaba ao público do seu blog que 8 libros galegos crían que había que ler antes de morrer, en menos dun mes publicaba unha listaxe de cinco obras saída desa votación.
Máis de oito anos despois, gustaríame que me axudases a escoller.
Que 8 libros galegos cres que hai que ler antes de morrer?

10 comentários:

Lois disse...

Sempre en Galiza
A esmorga
Merlín e familia
As rulas de Bakunin - Riveiro Coello
Informe da Gavilla - Vítor Vaqueiro
O porco de pé
Anxos de garda - Anxos Sumai
Memorias dun neno labrego

Anônimo disse...

A memoria de chuvia, de Pedro Feijoo.
Escarlatina, de Ledicia Costas
A rapaza da fiestra, de Xavier Estévez
O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro
No corazón do bosque, de Agustín fdez. Paz
Sol de inverno, de Rosa Aneiros
Tres segundos de memoria, de Diego Ameixeiras
O xardín das pedras flotantes, de Manuel Lourenzo

Voz en off disse...

Cousas de Castelao.
Algo de Carlos Reigosa: Crime en Compostela.
Algo de Diego Ameixeiras: Dime algo sucio.
Algo de Pedro Feijóo e de Manolo Rivas.Amor de tango de María Xosé Queizán. O Crepúsculo e as formigas d Méndez Ferrín.

Antonio González López disse...

Aires d'a miña terra, de Curros
Longa noite de pedra, de Celso Emilio
Os dous de sempre, de Castelao
A fiestra baldeira, de Dieste
Xente de aquí e de acolá ou Escola de menciñeiros, de Cunqueiro
Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero
Con pólvora e magnolias, de Méndez Ferrín
Non vexo Vigo nin Cangas ou Se o noso amor e os peixes, de Bernardino Graña

(E xa non é de incluír, porque obviamente, os Cantares gallegos de Rosalía)

Mar H. disse...

A Esmorga!
Sempre en Galiza.
Scorpio.
Merlín e familia.
Sétima Soidade.
Uffff... que difícil elección!!!

olgalalin disse...

O derradeiro libro de Emma Olsen, Berta Dávila
Atravesar o fantasma, Carlos Callón
Héleris, Carlos Negro
Xardín de inverno, Ledicia Costas
Poetízate, Fran Alonso

marlou disse...

Moi boa idea, Pilar!
Pero imposible para min reducir a miña lista a 8 libros. Levo todo este curso dándolle voltas ás lecturas que o alumnado galego debería ter feito ao saír do instituto (aos 18 anos). Non dou baixado de 30 e quero reducila a 18, tres por ano era o que eu quería...

A profa disse...

Grazas pola vosa participación.
Tampouco imos ser tan estritos no número, cada quen que poña os que queira, o importante é saber das vosas preferencias lectoras para os demais.

Cristina disse...

Aínda que son máis de 8, aí vai a miña proposta:
Follas novas
O porco de pé
Cousas
De catro a catro
Calquera de Cunqueiro
Memorias dun neno labrego
A esmorga
Ilustrísima
Amor de Artur ou Arraianos
Longa noite de pedra
Con pólvora e magnolias
Polaroid
En salvaxe compaña
Criminal (ou Arte e parte)
Breve crónica universal da clase obreira
Herba moura
Dime algo sucio
O único que queda é o amor
As rulas de Bakunin
Blúmsdei...

Saúdos (tamén a Mar H.) dende Vigo.

Unknown disse...

Follas Novas, de Rosalía
A esmorga, de Blanco Amor
O porco de pé, de Risco
Cousas, de Castelao
Livro das devoracións, de Pilar Pallarés
Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas
O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila
A lúa da colleita, de Anxos Sumai
Dime algo sucio, de Diego Ameixeiras
Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño
Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz