O xoves estiven co alumnado do curso Internet na área de lingua galega organizado polo CFR da Coruña, a tarde foi intensa e a min pasoume moi rápido, espero que ao alumnado tamén.
Despois de lles ensinar varias aplicacións de Google, el@s ensináronme a min onde estaba a papeleira de Gmail. Glups!
A entrada "Hablaba en gallego, qué bajón!", dedicada ás declaracións de Marta de GH, provocou numerosos comentarios, quero agradecer todos eles aínda que nalgúns non comparta as formas, así como tamén as felicitacións recibidas de xeito privado e, sobre todo, a utilización que moitos e moitas de vós fixestes dese minimaterial nas vosas aulas.
Aproveito tamén para ofrecervos este blog como plataforma onde lle facer publicidade ás vosas iniciativas e publicacións, sempre serán ben acollidas.
Velaquí temos un material didáctico de primeira orde para traballar na aula os prexuízos, fundamentalmente lingüísticos, que non tan só, a través da análise das perlas que saen pola boca desta concursante da XII edición de GH.