O Instituto de Tecnoloxías Educativas do Ministerio de Educación do Goberno de España crea a wiki WIKI2 para escribir documentación en español sobre o emprego das wikis no ámbito educativo (Eduwikis).
Ao fío desta páxina, déixovos estas dúas presentacións que atopei hoxe vía dasava no Twitter, están moi ben e moi clariñas para os que non temos nin idea.
2 comentários:
Unha das experiencias que se recollen en WIKI2 é a da profe galega Natalia Roibás, a moi interesante Xanelas: http://212.170.236.112/an10wk_jurado/index.php?w=620
Ultimanente tamén coñecín outra estupenda de Xoán Díaz, a sumar ao seu wiki de 2º Bac, este de 4º: http://espazowiki.wikispaces.com/
Eu, persoalmente, prefiro wikidot, co que traballamos agora neste proxecto de recompilación: http://cursocontidos.wikidot.com/ , aínda que ten un funcionamento bastante particular (intentamos facer unha pequena guía en http://probas.wikidot.com/ ).
Grazas Xano, visitei os tres enlaces dos que falas e parecéronme realmente interesantes, xa están nos meus marcadores. Estou descubrindo que é todo un mundo por explorar este das wikis. Saúdos.
Postar um comentário