Velaquí temos un material didáctico de primeira orde para traballar na aula os prexuízos, fundamentalmente lingüísticos, que non tan só, a través da análise das perlas que saen pola boca desta concursante da XII edición de GH.
Suxestións de actividades:
- Recompila os diferentes prexuízos que expresa a concursante ao longo das súas intervencións.
- Compartes algún ou algúns destes prexuízos?
- Por que cres que ao ler un texto en galego di que o vai traducindo?
- A situación escolar que describe cres que respecta a legalidade escolar en canto ao tratamento de linguas en Galicia no ensino nos últimos anos?
- Analiza as reaccións da súa interlocutora.
- Atopamos algún tipo de prexuízo na interlocutora?
- A visión que dá a protagonista da situación lingüística da mocidade galega cres que responde á realidade?
- Cal é a conclusión final da protagonista?
- Consideras coherente a conclusión á que chega co seu discurso anterior? Xustifica a túa resposta.
- Cambiou a imaxe previa que tiñas desta concursante de GH despois de ver o vídeo? En que sentido? Xustifica a túa resposta.
- Cres que poderíamos atopar este tipo de intervencións en concursantes procedentes doutras comunidades autónomas? Por que?
- Como galega ou galego, que sentes despois de ver este vídeo?
37 comentários:
Baixón o que teño eu agora despois de escoitar a estas dúas!
Unha está dispersa e a outra non se encontra, penso que están no lugar adecuado.
¡Que intelixente é esa que lle dan "bajones" co galego!
Bicos
Menuda paleta. Pero neste país hai moitos paletos e paletas.
E esta de onde vén sendo?
Excelentes tarefas as que propós, Profa.
(Faise preciso ver á moza "que le da el bajón" como unha víctima/consecuencia dun sistema; pero nada impide que -polo menos- a un lle de un subidón de mala uva ó escoitala!!!)
Noraboa polo traballo no blog. Acabo de lle enviar o enderezo aos meus compañeiros de galego, pero descoida, os de CC.SS. tamén temos moitas cousas que aproveitar da profa.
Chamoume a atención o rápido que colocaches xa un material para traballar o asunto de GH. Parabéns.
E saúdos desde o IES A Xunqueira de Pontevedra.
Moitas grazas Profa. O mellor de todo é o teu optimismo e a túa profesionalidade atopando neste vídeo un "material didáctico de primeira orde". Iso si que é unha escola viva.
Graciñas polo traballo tan rápido e estupendo que presentas. Hoxe faleilles deste tema na clase, pero voume permitir o luxo de usar algunhas das túas cuestións para traballas con eles.
Ánimo para todos, temos traballo!!!
Saúdos agradecidos desde o instituto de Carnota.
Ola!
Nesta temporada ando un pouco afastada do mundo por causas de forza maior; aínda así souben onte pola noite a través dunha colega deste vídeo e hoxe incorporeino á web, pero non imaxinaba que ti xa tiveses un proposta de traballo sobre el. Parabéns pola rapidez e o acerto. En efecto, o vídeo a min paréceme unha sintética e lograda recompilación da tipoloxía de prexuízos xerados arredor do galego. Un material didáctico de primeira, si señora. Quen nos ía dicir que GH se ía converter en fornecedor de recursos didácticos!!
Moito ánimo e moitas grazas!
Eu creo que esta tipa ten complexo de inferioridade aparte de despreciar o galego e falar sin sentido comun avergoñase da sua lingua pero o mais triste e publicalo desta maneira,para quedar ben non se recurren a estas cousas ,o coeficiente e nulo,hay q ter un pouco de orgullo propio.
Pues yo creo que esta siendo bastante sincera, y que dice lo que piensa.
Es una realidad que sucede en La Coruña a quien le moleste que intente cambiarlo pero que no cargue contra la chica que está diciendo lo que piensa en una conversación distendida con su amiga.
como podemos ver, esta rapaza posúe unha grande variedade de léxico en castelán...pois síntocho moito, pero "peyorativo" é o que che van a dicir cando volvas á nosa terra.Pero, ben pensado, qué podíamos agardar dunha concursante de "GH"? qué tivera luces?un macaco ten máis sentido común.
mira esta,criticando a Marta Sanchez, cando ela renunsia o jalejo,non sabe que en jalisia esiste a jeada, tú..e mais o seseo, que tristesa, con tanta madeira de carballo coma temos nesta terra ,oes cunha boa fojeira,e unha boa perola,e un bo trepio, e que llen den uns 30 fervores mais ,os nesesita,ainda non ferveo ben,e despois ,que se quede onde está,e que manden a outra compañeira do lado, ela si parece amar o galego
uepa marta,,te pasaste..soy dominicana y vivo en galicia..y aunque viva aqui no niego mi acento y muy orgullosa que estoy de el..tu deberias sentirte orgullosa del gallego y no echarlo por puerta..al fin y al cabo acuerdate que eres gallega..que pena hagas esto..:(
Somos un pai e unha nai dunha anpa dun CEIP de Vigo. Estabamos na procura de información sobre fomento da lectura e atopamos o voso blog. Noraboa polo voso traballo. Sobre prexuizos e lingua hai moito escrito pero nada tan bo e didáctico como este documento.
A min faime gracia estas duas sopeiras falando sobre a lingua en "gran hermano", en vez de estar durmindo ou ulindose o cu unha a outra q e do q trata o programa ese non? A televisión está gañando puntos dia a dia para ir para sogama...
Persoaxes de relevante importancia coma o pricipe de asturias e o mesmisimo papa,na sua visita a santiago de compostela,deron os seus descursos en galego,e esta moza "ossea"ten a pouca vergonza de rexeitar a sua propia lingua e dicir que se avergonza dela.Vergonza lle tiña que dar sequera pensalo,pero en todo caso so ten que cambiar de comunidade,se llo permiten outras comunidades....ben por parte da compañeira,que nos defende,cando queira que se pase por galicia que sera ven acollida.
sal da coruña paleta
Esta "cousa" con pernas por non chamala doutra maneira e o que se chama na miña aldea, si son dunha aldea e sei escribir, que nace mais tarde e pace. Por favor, a estas alturas da vida esta falta de cultura do galego..........
Hay una parte muy pequeña de verdad en lo que dice pero es que lo peor de todo es que va de lista sabelotodo y dice una cantidad de estupideces y burradas...
Yo creo que ésta no salió de su casa para decir que es rarísimo que una persona joven hable en gallego, será raro en la Coru (de donde soy yo) pero neniña no hay más que salir de la ciudad para descubrir otra realidad. Y el seseo y la gheada situarlos como algo propio de Lugo pues no es más que otra muestra de su ignorancia.
No lo pude ver entero porque me estaba dando vergüenza.
pareceme increible podian ir dormir uun poukiño e si un chabal e wapo e a ela gustalle pero xq fale hgalego xa non¿? increiblee
inorante a tua nai pareceme increible q gato decir jato entendo que sea bruto , pero e a tu a lingua burrra !!!
E increible, creo que quere ir de lista, e verdade que cada un fala o que quere, pero ainda por enriba a ela notaselle o acento galego, debe ser destas personas que na casa fala galego, pero cando sae fala castelan, pero na Coruña pasa moito esto,eu non o vin todo, por que paso deste programa, pero fixome moita gracia o de que compraba os libros en castelán, por favornquen cree eso....
antigamente se falabas en galego eras un paleto, ignorante, de pueblo, tiñas que falar castelan, eso lles inculcaron ainda os nosos pais, os cales, nos ensinaron o que a eles lles ensinaron como bo ... enton, que a ela lle ensinaran asi, como a moitos nenos, ela agora creo que non ten culpa deso ... so di que inconscientemente pensa asi, pero que esta orgullosa de ser galega e que lle decepciona a xente que renega de selo, ¿ou eso non o escoitastes?
¿imos ser hipocritas por escoitala verdade? ... que non estamos en un pais arabe, nin palestina, que por ala si parece que "apedrean" por decila verdade, somos un pais desarrollado, democrata e con liberdade de opinion, non estamos na dictadura ... ademais, so dixo a verdade ...
eu son galega e orgullosa de selo, falolle a miña filla en galego, pero no colexio, si me deran a escoller entre libro en castelan ou galego, dirialle castelan, porque esa e a lingua que se fala no noso pais, ¿ou somos indempendentes? pois e a primeira nova que teño?
Avergonzaraste ti do teu acento cateta!, os demais non nos avergonzamos de semellante cousa
Manda carallo ca parva esta! Avergoñarse asi da nosa lingua,pois a falar castelan a rua,FORA DE GH!
"tarda unha hora en traducir unha palabra" "facer o ridículo falando galego" " o feo ese galego o de Lugo esta metido a xente máis ignorante" Non o podo creer pero de onde saíu isto? e de quen ven sendo? non sera descendente da politica esa da rosa?
"le dio un bajón porque hablaba gallego" Baixón deuche a ti porque non estabas a sua altura,analfabeta.Cada un fala o galgo según o sabe o importante e falalo con orgullo porque e noso e nosas son as verbas burra xalbota pendon e outras que lembro agora ou ajora como me saia dos ovarios que tamen os teño galegos
Fai un mes que volte de pasar unha vacacions en paraguay e ali a xente fala guarani e sintense orgulosos da sua lingua, eu son galego e sintome orgulloso de ser galego, e cando eles falaban guarani eu respondia en galego, o caso e que a lingua comun era o castelan e falabamos asi pero sorprendeume que a calquer lugar que ia entre a xente de ala falaban na sua lingua. Quero dicir con isto que eu sintome orgulloso de ser galego e esta rapaza chegou a telecinco e pensa que vai ser a nova penelope cruz e vai morrer na merda agradece que eres galega e sintete orgullosa
os de lugo falamos moi basto di???? a min faime gracia......haberá de todo ou
polo demais en algunha cousa ta ben cantarlle as corenta..pero tamen hai q dicir q esta orgullosa de ser galega...q lle gustaba ver galegos en gh........
por certo pq se inventan palabras en galego q non existen ou recurrimos o portugues?? o galego e galego e punto
A verdade é que como documento sociolóxico non ten prezo. Os tópicos sobre o galego un por un e ben explicados. É unha realidade, por moito que nos doa, que hai unha morea de xente que pensa coma ela. E non só na Coruña, senón tamén no resto de vilas e cidades do país.
Pena de rapaza
Que está en gran hermano, non está na nasa, non vos preocupedes.
Non ofende quen quere senon quen pode...enon son o caso!
A.Polo
Aquí a única "paleta" é ela...
Grazas polo estupendo material que nos ofreceches sobre este incalificable vídeo, que non deixa prexuízo atrás qe tocar.
Galegos, este venres manifestacion na Coruña e nas demáis cidades de Galicia e España, en repulsa polos gravísimos feitos acaecidos nas ultimas semanas contra os nosos compañeiros fieles, es animais.
Déixovos este enlace onde se poden ver os lugares e as horas. Un saúdo e acudide, hay que endurecer as penas tan irrisorias que temos en España. Gracias!
http://manifestacionescontraelmaltratoanimal.wordpress.com/
ola Pilar. Parabéns polo teu traballo. Grazas por compartilo.
Un bico.
Teresa
Grazas a tod@s polos comentarios que seguides deixando.
Postar um comentário