2007/12/21

Señora Carmen - Na flor dos meus anos


Hoxe entrega de notas (que desastre!!!).
Logo, entrega dos agasallos do amigo invisible (un libro con moi boa pinta).
Despois na casa, atopo este vídeo en Vieiros, téñoo que escoitar varias veces, hai que ver como se pega a melodía!

2007/12/20

Xantar de Nadal

A mañá non foi moi boa, pero logo, como boa xente cumpridoriña de tradicións ancestrais hoxe fomos de xantanza de Nadal. Ao comezo tiña a sensación de que ía ir todo o mundo mais despois algúns se descolgaron, entre eles algunha das persoas coas que máis cómoda me sinto. O xantar, rico e abundante, ofreceunos suculentos manxares dos nosos mares, que despois doutros dous pratos e sobremesa regamos con licores e cancións variadas. Dándolle un bo repaso á arquitectura, á especulación urbanística, ao derivar das políticas municipais e a diferentes análises sociolingüísticas o grupo foise reducindo segundo pasaban as horas a seis, cinco, tres e dúas persoas. Gustoume porque sentín que estaba rodeada de boa xente. Mañá entrega de notas e vacaciónsssssssssss.
Boas vacacións tamén para todos.

2007/12/17

Felicitación de Nadal

«Para un ano, sementemos gran.

Para unha década, plantemos árbores.

Para toda a vida…

eduquemos e formemos a xente»

Hoxe recibín esta felicitación da Consellería de Educación. Este tipo de publicidades sempre soen ter moi mala prensa. A min a deste ano gustoume.