Mostrando postagens com marcador redes sociais. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador redes sociais. Mostrar todas as postagens

2013/10/30

Agustín Fernández Paz a un chío de distancia

 

O alumnado dun dos clubs de lectura da biblioteca do IES Pobra do Caramiñal vén de escoller como primeira lectura este curso O centro do labirinto.

Esta é a novela dos 50 anos de Agustín Fernández Paz, en Sara tamén dá conta das súas "paranoias" persoais :-)

Agustín co seu pin de Prolingua na lapela.

Hoxe o autor confesou no seu Twitter que na escrita deste libro estivo moi presente a lectura do poema "Límites" de Jorge Luis Borges (Arxentina, 1899-1986).

Hay una línea de Verlaine que no volveré a recordar,
Hay una calle próxima que está vedada a mis pasos,
Hay un espejo que me ha visto por última vez,
Hay una puerta que he cerrado hasta el fin del mundo.
Entre los libros de mi biblioteca (estoy viéndolos)
Hay alguno que ya nunca abriré.
Este verano cumpliré cincuenta años;
La muerte me desgasta, incesante.

Jorge Luis Borges en Antología personal (1961), incluido en Antología de la poesía hispanoamericana contemporánea. 1914-1970 (Alianza Editorial, Madrid, 1971, ed. de José Olivio Jiménez).
Vía asamblea de palabras.

Que marabilla vivir esta época na que podes ter as persoas que admiras a un chío* de distancia.
*chío (tuit en galego)

2013/01/20

Geonick, unha viaxe por afinidades



Geonick é unha rede social diferente, xa dende o seu deseño visual pretende afastarse doutras redes xeneralistas como Tuenti, Google+ ou Facebook.
A particularidade de Geonick, e o seu atractivo polo menos inicial, é que che propón unha viaxe marcada polas afinidades e non a través dos contactos persoais.


A propia viaxe en globo, as cores, a tipografía lévannos ao mundo de aventuras de Verne, a un tempo onde os ritmos son outros, onde o importante non é a cantidade da información senón a calidade e a selección.
Datos persoais, gustos e lugares preferidos e xa se obtén un pasaporte de balde que permite utilizar toda a rede de forma limitada, logo por 9,90 € ao ano podes acceder ao pasaporte premium que, loxicamente, ofrece máis vantaxes.
Agradécese moitísimo a ausencia total de publicidade e non ter un muro que non fai máis que moverse continuamente.



Geonick, a escusa perfecta para afastarse do camiño previamente trazado para un domingo pola mañá.

2012/12/16

Desconecta e goza

Lembra que fóra das pantallas a túa vida agarda por ti.



Vía Jorge Couñago.

2011/10/09

Cousas do Tuenti 1



Despois de semellante esforzo, como non aceptalo :D

2010/11/04

Redelibros


Redelibros é un lugar onde falar de libros, compartir experiencias, lecturas e intereses, atopar lectores que comparten os nosos gustos, buscar información sobre as nosas próximas lecturas, apuntar ou comentar o que lemos, recomendar libros, crear as nosas bibliotecas virtuais e estar ao día de canto acontece non mundo do libro, xa sexan lanzamentos editoriais, charlas de escritores, premios, etc. Un espazo en Internet que agrupa blogs persoais e profesionais, grupos de opinión, páxinas web de librerías, editoriais e autores, axenda de eventos, sección de anuncios, álbums persoais, etc. Un lugar, tamén, no que publicar os nosos escritos, xa sexan relatos, poemas ou, por que non, novelas; e onde recibir valoracións, críticas e opinións para retroalimentar o noso proceso creativo.

TEXTO DA PRESENTACIÓN O VINDEIRO 12 DE NOVEMBRO EN VIGO

O próximo 12 de novembro, ás 20:30, presentamos oficialmente Redelibros. O lugar elixido é a taberna-taller Detrás do Marco, na rúa Londres, transversal do Príncipe, en Vigo. Un lugar moi especial para unha cita moi especial: a inauguración da vosa rede social. Alí, ademais da presentación propiamente dita, poderedes gozar de música en directo, a actuación do contacontos Anxo Moure (que está desenvolvendo unha originalísima labor por Galicia adiante a lombos da súa "ciclobiblioteca") e os suculentos petiscos saídos da cociña de Detrás do Marco, que seguro vos sorprenderán...
Á presentación, por suposto, estades todos invitados. Pero, como ao cabo trátase de inaugurar unha rede social de literatura, ímosvos a pedir un favor moi especial: que traiades cada un de casa un libro para trocar. Un libro que vos gustara, ese que sempre recomendades, o que máis vos calou nos últimos meses, o que vos supuxo unha revelación... A graza está en que sexa un libro que apreciedes de verdade, non o primeiro que vos quede a tiro! Unha vez en Detrás do Marco, pedirémosvos nun momento determinado que troquedes o voso libro por outro que vos atraia e apetézavos, de entre os que traian os demais asistentes. Unha forma divertida de romper o xeo e irnos coñecendo, non vos parece? Cunha vantaxe engadida: seguro que todos levámonos para casa unha boa lectura...

2009/04/23

Blogaliza renóvase

Esta entrada recolle a información enviada pola administración de Blogaliza.

A comunidade Blogaliza acolle a máis de 1.700 blogues en galego (sobre temas literarios, educativos, blibiotecarios, deportivos, persoais, políticos, etc.) e máis de 6.000 usuarios/as rexistrados/as. A portada de Blogaliza amosaba até agora o último publicado no blogomillo, todos os blogues escritos en galego, na propia Blogaliza ou noutros sistemas, máis o directorio deste crecente blogomillo.

NOVOS SERVIZOS DA BLOGALIZA

O próximo 1 de maio abriremos a nova Blogaliza, unha versión ampliada do habitual servizo de blogues en galego que integrará tamén noticias culturais actualizadas a diario, rede social, convocatorias de animación á creación artística e moitos outros contidos.

A partir dunha nova portada xeral da comunidade, poderase consultar a actualidade do blogomillo, con especial intensidade no ámbito da cultura a través de seccións especializadas en literatura, música, cinema, artes visuais, etc. A apertura destas seccións será progresiva, comezando pola de letras.

PARTICIPACIÓN NA CONFIGURACIÓN

Desde a Blogaliza temos claras expectativas do que non debe faltar, mais queremos facer un convite público a todas as persoas, colectivos e institucións que queiran facer propostas para enriquecela.

Desde hoxe e até o 1 de maio na portada de Blogaliza accederase a un blogue aberto ás propostas de todos. Calquera pode mandar ideas e debatelas para que sexan integradas na nova Blogaliza. Para iso só é preciso enviar un correo para propostas at blogaliza.org, que será publicado como nova anotación, cos comentarios abertos para, entre todos/as, ir perfilando as novas ideas.

DIFUSIÓN DO PROXECTO

Agradeceremos toda a difusión posíbel deste correo, coa pretensión de facermos da Blogaliza un aberto centro cultural na rede. Un espazo sen cancelas onde poder comunicar, debater, partillar e fornecer en liberdade e respecto a cultura que queremos.

PUBLICIDADE

Na Blogaliza temos o compromiso de que os blogues continúen a ser de balde e sen publicidade, como até agora, salvo nas portadas temáticas, espazos onde posibilitaremos referencias publicitarias coa intención de financiar o proxecto e asegurar a súa viabilidade.

Vía Brétemas.

2009/04/16

Aprendo en galego (en Blogaliza)


Aprendo en galego é un novo grupo que abrín na novísima rede social de Blogaliza para que quen quixer deixe alí enlaces a materiais didácticos (ou simplemente útiles para o ensino) realizados en galego para calquera disciplina de calquera nivel.
Creo que pode ser unha iniciativa bastante dinámica posto que todos os días hai compañeiras e compañeiros que realizan diferentes tipos de materiais que descoñecemos.
E independentemente de que vos interese ou non o grupo, anímovos a formar parte da rede social de Blogaliza que creo que se ha de converter en non moito tempo no máis importante centro de encontro virtual en galego.