Mostrando postagens com marcador antoloxía do disparate. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador antoloxía do disparate. Mostrar todas as postagens

2014/11/03

Cando a vida te pon a proba

Hai momentos difíciles en que a vida ten pon a proba.


2012/12/16

O coñecemento pode vir de todas as partes

Está visto que o coñecemento pode vir de todas as partes, como exemplo déixovos a última sorpresa corrixindo. A "marabillosa" resposta en vídeo é obra dun prodixioso alumno de 2º de ESO.

PREGUNTA: Coñeces a Eduard Punset? En caso afirmativo xustifica a resposta.
RESPOSTA: Si, coñézoo por unha parodia que se fixo deste programa. 
E de xeito aplicado inclúe link ao vídeo que vos achego.

2012/12/14

Chove sobre mollado

Imaxe de Subaria.

Estado meteorolóxico de alerta vermella, unha carapucha sobre unha mochila con patas avanza de costas aos vehículos sen reflectantes baixo o temporal no medio da nada, comodamente no meu coche, ao seco, reparo na escena, paro e dígolle que se quere o achego a algún sitio, enchoupado dime que non, que xa lle queda pouco. 
Seica non debería ter parado, que se é un menor e os pais me poden denunciar, que se o seguro da consellería non se faría cargo de nada, que se non se pode sentar precedente que logo cho piden todos. Volvo para a casa, continúa o temporal, paso polo mesmo camiño de onte e penso no absurdo, case é máis politicamente correcto atropelar a un alumno que subilo ao teu coche.
Estamos tolos ou que?
Seica o mundo non sabe que en Galicia chove!

2011/12/19

Lacónica

Imaxe vía Colineta.

Inventa unha oración co termo "lacónica":

"Miña avoa sempre que xantamos coello chora, pero se lle pos unha boa perna lacónica non ten dor do pobre porco."

"A miña tía está a preparar un menú moi lacónico para esta fin de ano, xa que a vou pasar na súa casa e sabe que me gusta moito o lacón."

2009/06/14

Antoloxía do disparate Xuño 2009 - 1

Abrimos unha a nova temporada Xuño 2009 de antoloxía do disparate cun par de exemplos que me envía a miña amiga Mar Hermida.

PREGUNTA:
Cales son as partes nas que se pode dividir a estrutura dun conto?
RESPOSTA: Encabezamento, corpo e pés.

PREGUNTA:
Como pode ser o final dun conto? Explícao.
RESPOSTA: O final pode ser con puntos suspensivos ou un final normal que acabe ben ou mal (sen puntos suspensivos).

2008/09/03

Rosalía superwoman


P - Que aconteceu en 1863?
R - Que naceu Rosalía de Castro.

P - Que documento fundamental para a lingua galega aprobou o parlamento en 1983?
R - Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

2008/06/10

LA-PIS

-Ola profe, podo pasar a coller o meu lápiz.
-Ola, a coller que?
-O meu lápiz.
-En galego, por favor. (Multitude soprando laapisssssssss, lapisssssssssss, lapisssssssss, lapissssss) Que é o que querías?
-Pis. (Con cara de incrédula)
(Multitude polo chan)

2008/06/09

Cuestión de tempos

Pregunta:
Periodización da literatura galega estudada neste curso. (3º de ESO)


Resposta:
Idade Media (1º trimestre)
Séculos Escuros e Rexurdimento (2º e 3º trimestres)