Contamos cunha nova ferramenta lingüística, o Cilenis Conxugador, elaborada pola empresa Cilenis, que nos ofrece a posibilidade de conxugar os verbos en galego e portugués.
Xa non hai desculpa para non aprender os verbos :)
Vía Cultura Galega.


Aturuxo para a Área de Normalización da Universidade de Vigo por esta nova ferramenta sinxela, útil e asemade divertida, non deixedes de xogar co simulador de nomes e apelidos.
Esta Nube de topónimos galegos de Berto é moi recomendable, para estudar, para curiosear ou mesmo para xogar ás adiviñas de cales son os topónimos máis frecuentes.