2013/12/27

O heroe do Orzán

Emotivo vídeo de Javier González no que Xosé Seoane nos conta a historia do neno Juan Darriba.


 


Publicado en YouTube o 25 dec, 2013
1º video creado como práctica por alumnos da " Escola de Imaxe e Son " de Coruña no curso 2012 - 2013.

Realización: Javier González, Jose Manuel Sieira.
Producción: Raquel Martínez, Borja Villaronga.
Imagen: Marcos García, Jacqueline García.
Sonido: Alejandro Mella, Eloy Vidal.
Voz en Off: Elena Rodríguez.
Agradecementos: Xosé Seoane.

2013/12/26

Patrimonio perdido na Virxe da Barca

Muxía Santuario da Virxe da Barca 06 lámpada



 
Na madrugada do 25 decembro de 2014, no amencer do día de Nadal, un incendio provocado por un de tantos lóstregos do temporal arrasou o santuario da Virxe da Barca de Muxía. Velaquí algunhas fotos do interior tomadas no ano 2008.

Muxía 25 de decembro de 2013

Muxía Santuario da Virxe da Barca 01 barco colgadoMuxía Santuario da Virxe da Barca 02 barco colgadoMuxía Santuario da Virxe da Barca 03 barco colgadoMuxía Santuario da Virxe da Barca 04 Santo Domingo no primeiro corpo do retablo maiorMuxía Santuario da Virxe da Barca 05 Detalle das mans da Virxe das DoloresMuxía Santuario da Virxe da Barca 06 lámpada
Muxía Santuario da Virxe da Barca 07 Figura da Virxe das DoloresMuxía Santuario da Virxe da Barca 08 Detalle do mantón da Virxe das DoloresMuxía Santuario da Virxe da Barca 09 Face da Virxe das Dolores

Muxía 25 de decembro de 2013, un álbum en Flickr.

A noite do 24 de decembro de 2013 o santuario da Virxe da Barca en Muxía ardeu por mor dun raio durante o temporal. Velaquí algunhas fotografías tomadas no interior no inverno de 2008.

2013/12/11

Informe Pisa e o ensino en Galicia

[ESTA ENTRADA ESTÁ COPIADA DO BLOG BIBLIOTECA.MILLADOIRO.MALPICA ONDE FOI PUBLICADA O 11 DE DECEMBRO DE 2013]

 

Estes días foi noticia a publicación dos resultados do Informe Pisa.
Se todos sabemos que as competencias en educación están transferidas á meirande parte das CCAA, e polo tanto cada unha delas é responsable dos seus propios resultados, non se entende esa insistencia en falar dos resultados PISA para España. Porque non en todas as CCAA hai os mesmos temarios, nin plans, nin inversións... polo tanto: cada un a analizar o seu.
E no que a Galicia respecta sabemos que no conxunto das tres competencias analizadas temos unha puntuación de 512 puntos o que nos sitúa por encima da media da OCDE (501) e da UE (497)
Na competencia linguística temos 499 puntos, de novo por encima das dúas medias citadas (496 e 489, respectivamente).
Na C. Matemática temos 489 puntos, os mesmos que a UE e 10 menos que a OCDE.
E, por último, en Ciencias temos 512 puntos fronte a 501 e 497 da OCDE e a UE, respectivamente.
Así que, señores, nós seguiremos millorando (se nos deixan) e... cada pau que aguante da súa vela.
Tódolos datos, téndelos AQUÍ
.
Preparamos esa gráfica que recolle os resultados do informe co fin de facilitar a súa lectura. E, se queredes ampliar a reflexión sobre este informe, deixamos este artigo do profesor Felipe Zayas.

2013/12/10

Número de Nadal da revista EROSKI CONSUMER

Xa se pode consultar o numero de decembro da revista en galego Eroski Consumer, nel poderás atopar dende apps para o Nadal, un ABC sobre o magnesio, a diferenza entre paté e foie, menús especiais para estas datas, ideas para un Nadal sustentable e opcións para un Nadal solidario.
A publicación Eroski Consumer é unha iniciativa da Fundación Eroski que mes a mes normaliza o galego tanto no seu formato web coma no dixital



O galego no 1º terzo do século XX


2013/12/03

O Valego



Estes días mentres nós estamos a falar nas aulas do territorio lingüístico da nosa lingua, Henrique Costas presenta polas librerías galegas o seu libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura) publicado por Xerais.




Como vedes pode ser ben interesante coñecer como o galego se desenvolve alén das nosas fronteiras administrativas actuais.
E xa que falamos de galego no exterior, aproveitaremos para ver o vídeo de Alba e Henar, dúas rapazas do Bierzo.

2013/12/02

O descubrimento do día 01: Receitas para todos os días


Receitas para todos os días

Decidinme por fin a comezar unha nova sección na Profa á que xa lle tiña ganas dende hai tempo. Chamarase O descubrimento do día e nela irei recompilando aquelas páxinas, blogs, portais... que por algún motivo especial considere que deben ser visitados e/ou seguidos.
Pois ben, hoxe descubrín Receitas para todos os días, un blog de Raquel Vergara, onde recolle "receitas realistas" sen glute que calquera de nós cun chisco de aplicación podería realizar na súa casa e con "ingredientes doados de atopar".

E ademais, a guinda do pastel, TODAS AS RECEITAS EN GALEGO!