Mostrando postagens com marcador IES da Pobra do Caramiñal. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador IES da Pobra do Caramiñal. Mostrar todas as postagens
2013/03/04
2013/02/12
2013/02/08
2012/12/26
2012/05/27
Caramiña creativa 2012
Mañá no IES da Pobra temos o luxo de contar con catro artistas das nosas letras para que reflexionen connosco sobre a creatividade desde diferentes perspectivas.
Uxía Casal ofrecerá unha visión da creatividade en xeral.
Antón Riveiro Coello falará da especificidade da creatividade literaria.
Rosa Aneiros responderanos a preguntas como: De onde nacen as historias? ou se estas se buscan ou veñen?
Marcos Calveiro realizará unha reflexión sobre principio e final.
Rosa Aneiros responderanos a preguntas como: De onde nacen as historias? ou se estas se buscan ou veñen?
Marcos Calveiro realizará unha reflexión sobre principio e final.
En nome do EDLG do IES e no meu propio gustaríame agradecerlles publicamente a súa xenerosidade por compartir connosco de xeito desinteresado tanto o seu tempo como o seu traballo.
2009/12/09
Materiais na rede para secundaria
O 22 de abril de 2009 creaba o blog Aprendo en galego para dar conta de todo tipo de materiais e iniciativas útiles para aprender que teñan como lingua vehicular o galego. Esta iniciativa non pretendía limitarse ao ensino da lingua e literatura galegas senón que tiña por obxecto calquera materia ou disciplina. A falta de tempo e a dificultade de decidir como estruturar diferentes niveis e materias fixeron que ata hoxe só teña publicadas sete entradas.Afortunadamente hai uns días xurdiu unha nova iniciativa moito mellor que ese blog que vén da man dos ENDL e ETIC do IES da Pobra do Caramiñal. Trátase da wiki Materiais na rede para secundaria que ten como finalidade realizar unha recompilación colaborativa de calquera material en galego destinado a este tramo educativo referido a calquera contido menos as linguas. A aparición desta wiki e as noticias dun proxecto semellante para as aulas de lingua e literatura fan que desbote o meu proxecto e me sume a esta nova iniciativa convidándovos aos que por aquí pasades a que tamén colaboredes nela e a difundades entre o profesorado que coñezades.

2009/12/01
Web 2.0 en galego desde o IES da Pobra do Caramiñal
A xente do ENDL do IES da Pobra do Caramiñal, que tan ben acostumados nos teñen aos seus produtos de calidade, publican hoxe no seu blog Dinamiza Caramiñal unha magnífica presentación sobre as aplicacións de web 2.0 en galego. E eu non me resisto e pégoa aquí.
Web 2.0 en galego
View more presentations from luciano fernández.
Assinar:
Postagens (Atom)


