2014/05/25

Cea de Graduación IES da Pobra do Caramiñal 2014


 

Cea graduación 2014 do alumnado de 2º de Bacharelato do IES da Pobra do Caramiñal o 23 de maio de 2014.

* Todos os dereitos reservados.
* Só teñen dereito á utilización de cada unha das imaxes as persoas que nela saen retratadas.
* Estas imaxes inclúen contido con menores de idade.

2014/05/16

Tecendo Galicia con Xosé María Díaz Castro


http://www.educabarrie.org/recursos/tecendo-galicia-con-xose-maria-diaz-castro

Outro gran de area no achegamento a Díaz Castro no que participamos Enrique Sánchez Rodríguez (educaBarrié), Patricia Galán Gómez (CEIP Ponte dos Brozos) e Pilar Ponte Patiño (IES da Pobra do Caramiñal). A fotografía correu a cargo de Ramón Vila Anca.
Actividades didácticas arredor dos vídeos do Portal das Palabras dirixidas a alumnado de primaria e secundaria.

2014/05/04

Educación con Google Glass - perfecta chuleta para profes


Imaxe vía Glassers.

Despois de ler esta interesante reportaxe nun dos meus imprescindibles, Mallando no Android, non me podo resistir a facer unha minientrada neste blog sobre as enormes posibilidades educativas que lle vexo a este trebello dentro da aula e fóra dela tamén.

Imaxina...

  • Movemento de cabeza, unha orde, pronuncias a palabra e xa podes acceder á súa entrada no dicionario mentres continúas explicando.
  • Movemento de cabeza, unha orde, pronuncias a palabra e xa podes acceder a imaxes que a representan.
  • Movemento de cabeza, unha orde, levas unha foto do encerado ao final da clase.
  • Movemento de cabeza, unha orde, gravas as probas orais (poñéndoo previamente en coñecemento do alumnado), pero sen este sinta a presión provocada pola presenza dunha cámara de vídeo.
  • Movemento de cabeza, unha orde, tes diante o guión da túa clase para hoxe para que non te esquezas de nada, é a perfecta chuleta para profes.

E todo isto coas mans libres e sen necesidade de conectar nin enfocar aparellos.
Si seino, quen correrá cos gastos de fisioterapia despois de tanto movemento de cabeza? :D

*Outro día falaremos de dereito á privacidade, normativas escolares, etc.