Velaquí vos deixo un vídeo sobre a exposición.
Mostrando postagens com marcador exposicion. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador exposicion. Mostrar todas as postagens
2012/09/30
Musicalidades con Paco Gallego
O pasado 14 de setembro inaugurouse no Ágora da Coruña a exposición Musicalidades. Esta fin de semana uns grupo de amigos tivemos a oportunidade realizar unha visita cun guía de luxo, Paco Gallego, o comisario da exposición. Foto a foto fomos redescubrindo facetas descoñecidas de artistas que xa coñeciamos e, sobre todo, soubemos doutros cantantes e formacións cuxa existencia ignorabamos por completo. Tamén nos contou do proceso de realización de moitas das instantáneas e do instinto artístico de Sue Rainbow, a autora.
Saímos do ágora enriquecidos e desexando chegar á casa para buscar música deses novos artistas que viven ao noso carón e dos que non sabiamos nada.
Velaquí vos deixo un vídeo sobre a exposición.
Anímovos a visitala, de momento vai estar na Coruña ata o 13 de outubro e probablemente despois sexa acollida noutras localidades.
Velaquí vos deixo un vídeo sobre a exposición.
2010/11/02
Ronseis do salitre
Quen poida achegarse a Cangas que non perda esta exposición didáctica da boa xente do IES Monte Carrasco sobre a historia da industria conserveira e baleeira no Morrazo.
Aproveito para lles enviar un saúdo e para facer publicidade do seu blog A Gaivota.
Assinar:
Postagens (Atom)
