Mostrando postagens com marcador Memoria Histórica. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Memoria Histórica. Mostrar todas as postagens

2012/12/02

10 anos despois da GRAN MANIFESTACIÓN (1 de decembro de 2002)

Fai 10 anos tivo lugar en Santiago de Compostela A GRAN MANIFESTACIÓN en protesta polo GRAN DESASTRE DO PRESTIGE.


Pero as desgrazas agachan grandes momentos. 
A a nivel social, houbo daquela unha marea de solidariedade que percorreu Galicia coma nunca que nos fixo sentir a moitos de nós que aínda todo era posible. 
E e a nivel persoal, é para min un motivo de felicidade poder seguir estando rodeada das mesmas persoas coas que comparto esta imaxe gravada para sempre nos ollos e no corazón.



Daquela estabamos indignados. Dez anos depois, seguimos a estar INDIGNADOS!

2012/10/13

Máis que un fotógrafo: Guillermo Cameselle


Esta semana faleceu o xornalista gráfico Guillermo Cameselle (Vigo 1951-2012) despois de trinta anos de traballo en Faro de Vigo.

Os fotógrafos en moitas ocasións son os irmáns pobres do xornalismo en tanto que se minusvalora o seu traballo fronte ao do sacrosanto redactor. Un fotoxornalista ten que ser retratista, paisaxista, fotógrafo deportivo e o que se lle poña por diante, e rapidiño que en corenta e cinco minutos hai que estar ao outro lado da cidade porque alguén inaugura non sei que cousa.

O instante preciso.

O enfoque exacto. 

A captura do espírito.
A construción da nosa memoria histórica.
Durante os meus anos na sección de corrección e cerre de La Opinión A Coruña tiven a oportunidade de traballar canda eles e de comprobar como ás veces a forza do costume trivializa a arte, pero moitas outras é o disparo certeiro o que mellor capta a esencia da noticia e enche de verdade sen intermediarios a páxina do xornal. 

Vaia dende aquí a miña homenaxe a Guillermo Cameselle e a todos os xornalistas gráficos galegos que día a día constrúen a nosa memoria histórica en imaxes.

*As fotografías que ilustran este post son da autoría de Guillermo Cameselle e están tiradas da fotogalería de Faro de Vigo.

** Acabo de dar con este post sobre Cameselle en Brétemas.


2010/02/19

Buratos

Primeiro videoclip extraído do 7º disco de Ruxe-Ruxe, "Na fura de diante" (que estará á venda o día 6 de marzo), realizado co tema Buratos. Feito e aquelado pola xente de PIXEL FILMS (www.pixelfilms.es), escrito e dirixido polo enoooorme Jairo Iglesias e protagonizado polo xigante Marquinhos Drinkin dos Medomedá e polos propios Ruxes!!!