2011/12/23
2011/12/19
Lacónica
Imaxe vía Colineta. |
Inventa unha oración co termo "lacónica":
"Miña avoa sempre que xantamos coello chora, pero se lle pos unha boa perna lacónica non ten dor do pobre porco."
"A miña tía está a preparar un menú moi lacónico para esta fin de ano, xa que a vou pasar na súa casa e sabe que me gusta moito o lacón."
2011/12/04
Vocabulario de aula 1º trimestre 4º ESO
(versión definitiva)
*a
diéresis – A DIÉRESE
*a
leite – O
LEITE
*amarillo
– AMARELO
*asco
– NOXO
*asquerosa
– NOXENTA
*beca
de estudios – BOLSA
DE ESTUDOS
*becario/a
– BOLSEIRO/A
*bostezar
– BOCEXAR
*brúxula
– COMPÁS
*carreteira
– ESTRADA
*crisis
– CRISE
*cutis
– A
CUTE
*dazaseis
– DEZASEIS
*desperezarse
pola mañá – DESPREGUIZARSE
pola mañá
*duda
/ dudar – DÚBIDA
/ DUBIDAR
*entrenar
/ entrenamiento – ADESTRAR /
ADESTRAMENTO
*eso
– ISO
*estirarse
– ESTARRICARSE
*estornudo
– ESBIRRO
*estuche
– ESTOXO
*facía
calor – ÍA
CALOR
*fecha
– DATA
*fechar
– DATAR
*foise
– MARCHOU
*gafas
– LENTES
*gordito
– REPOLUDO
*grima
– GRIMO
*hacia
– CARA A
*levantarse
pola mañá – ERGUERSE
pola mañá
*mañán
– MAÑÁ
*monstruo
– MONSTRO
*monstruo
– MONSTRO
*nadie
– NINGUÉN
*olvidar
– ESQUECER
*paliza
– MALLEIRA
*pendientes
– PENDENTES ou
BRINCOS
*retraso
– ATRASO
*sin
– SEN
*tontería
– PARVADA
*tonto/a
– PARVO/A
A
FIN (a fin de semana) ≠
O FIN (o seu fin é conseguir a felicidade)
A
PELAXE
ABATER
AO
ASEMADE:
ao
mesmo tempo.
BICAR
BICO
= BEIXO
CA
≠
CÁ ≠
COA:
Ca –
conxunción
comparativa (Ela
é máis rápida ca ti.).
/ Cá
–
contracción
de “ca” (conxunción comparativa) + ”a” (artigo, determinado,
feminino singular) (Está
máis lonxe da casa cá súa irmá.).
/ Coa:
contracción
de “con” (preposición) + “a” (artigo, determinado, feminino
singular) (Sempre
vén ao cine coa súa noiva.).
CADERNO
COMIDAS
DO DÍA: o
almorzo
– almorzar / a parva – tomar a parva / o xantar – xantar / a
merenda – merendar / a cea – cear.
DEI
(P1 Preterito Ind. vbo. dar) ≠
DIN (P6 Presente Ind. vbo. dicir)
DEI
≠ DIN: Dei – P1
Pretérito do vbo. dar / Din –
P6 Presente do vbo. dicir
ESTOXO
GRAN
trompetista, GRANDE irmán
HAI
+ períodos de tempos indefinidos ≠
FAI + períodos de tempo concretos
HELIOCENTRISMO:
hipótese astronómica que
sitúa o Sol como centro do universo.
HETERODOXO/A:
é aquel que está en
contra da doutrina establecida no momento no que se vive.
HETEROXÉNEO/A:
o que ten propiedades diferentes.
INSUA:
illa pequena que se forma por sedimentación no medio dunha conca dun
río.
IR
+ INFINITIVO: vou
sair o domingo.
MALLEIRA:
1. Acción de golpear a
alguén; locura, felpa, quenta. 2. Tunda moi grande.
NON
DAR CRETO = non crer algo
O
LAPIS, OS LAPIS
O
NARIZ
O
XIZ, OS
XICES
PARELLA
RELOXO
RENDIBLE
SAIA
(a saia) ≠
SAÍA (vbo. saír)
SOLETREAR:
dicir ordenadamente as
letras que compoñen unha palabra.
TODOS
OS
TOLO
═ LOUCO
XERSEI
ZONA
(área) ≠
ZOA (vbo. zoar, zoa o vento)
__________________
PARTES
DO CORPO
A
CABEZA: o
curuto; a cara, face ou faciana; a fronte; a tempa, sen ou vidalla; a
orella; o ollo; a cella; o cello; a pálpebra; a pestana; o iris; a
pupila ou meniña do ollo; a fazula ou meixela; a bochecha ou o
pómulo; o nariz; as ventas do nariz; a boca; o beizo ou labio; o
dentame, a dentadura ou a dentición; o dente; o cairo; a moa (moa do
xuízo ou moa do siso); a lingua; o padal ou ceo da boca; o veo do
padal; a campaíña ou úvula; a gorxa; o queixo; a queixada (rexión
da meixela que se corresponde coa mandíbula); a papada, o papo (papo
da cara) ou a papeira; o colo ou o pescozo (non se pode utilizar
pescozo para as prendas de roupa); a noz; a caluga ou noca.
O
TRONCO: o ombreiro ou
ombro; a axila ou sobrazo; as costas; a omoplata; o lombo (dende os
ombreiros ata a cintura); o cadril (parte baixa a continuación do
lombo, pl. os cadrís); o cu; a nádega ou cacha; a regaña do cu; o
ano, o fecho ou o ollo do cu; o peito (xenérico); o peito, o seo, a
teta ou a mama; a mamila ou o bico do peito; a aréola; o ventre ou
abdome; o van ou a cintura; o embigo; a barriga; a cadeira; a pube; a
vulva (coloq. a cona); o pene (coloq. o carallo): o testítulo
(coloq. o collón ou o ovo).
O
BRAZO:
o cóbado; o
antebrazo; o pulso; a man; o dorso da man; a palma da man; o coteno,
cotelo ou cotobelo; a unlla; a xema do dedo; os dedos;
o polgar, matapiollos ou cachapiollos; o índice, mostreiro ou
furabolos; o corazón, maior ou pai de todos; o anular, mediano,
medianiño ou dedo do aro; o maimiño ou pequeniño.
A
PERNA: a ingua, éngoa
ou virilla; a coxa; o nocello; a sofraxe; a canela; o papo da perna;
o nocello, o noelo ou o tornecelo; o pé; a empeña; a deda; a planta
do pé; o calcaño, o calcañar ou a calcañeira.
2011/11/17
2011/11/11
O Ben-Cho-Shey, demandas educativas con ritmo
O 22 de setembro a ANPA do CEIP Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar facía público este vídeo de denuncia en YouTube, unha forma lúdica de protesta que sumaban ás súas manifestacións e andainas.
Semella que a situación ten cambiado para esta xente reivindicativa e reproduzo o contido da última entrada no seu blog con data 6 de outubro.
"A Consellería de Educación mediante
un comunicado de prensa, anunciou o pasado mercores 5 de outubro, a
inclusión dunha partida orzamentaria de 200.000 euros para a ampliación
do noso colexio para o ano 2.012.
Non obstante, O
ANPA do colexio público Ben-Cho-Shey, continuarán coas accións
reivindicativas en defensa dos seus lexítimos dereitos, en tanto, non
exista un compromiso firme e por escrito, da inclusión dunha partida no
proxecto de presupostos da Xunta de Galicia para o ano 2.012, para
licitar o proxecto e as obras de ampliación e melloras do colexio
Ben-Cho-Shey, así como, o compromiso de que as devanditas obras se
finalicen antes do inicio do curso 2.012-2.013.
Por último, a
Comunidade Educativa do colexio público Ben-Cho-Shey, seguirá reclamando
insistentemente, unha igualdade de oportunidades e non discriminación,
entre o ensino público e privado en Pereiro de Aguiar, así como, unha educación pública e gratuíta de calidade, independentemente das condicións sociais, económicas ou outras circunstancias, dos alumn@s."
2011/11/08
Conxugador Cilenis
Contamos cunha nova ferramenta lingüística, o Cilenis Conxugador, elaborada pola empresa Cilenis, que nos ofrece a posibilidade de conxugar os verbos en galego e portugués.
Xa non hai desculpa para non aprender os verbos :)
Vía Cultura Galega.
Clasificación semántica dos substantivos
Antropónimo: nome de persoa (Uxía).
Hipocorístico: variante familiar dun nome propio (Catuxa, Pepe...).
Alcume: denominación dunha persoa que non son o seu nome, normalmente poden afectar a un individuo ou a toda a súa familia ou provir dalgunha característica física (O Roxo, os Farrucos-os do Farruco).
Patronímicos: apelidos (Ponte, Fernández, Queixas).
Topónimos: nomes de lugar (A Pobra do Caramiñal).
Orónimos: nomes de montañas, serras e soutos (serra da Loba).
Hidrónimos: nomes de ríos, lagos e zonas húmidas (río Pedras)._______
Exónimos: nomes dos topónimos estranxeiros nunha lingua determinada (Londres, Nova York).
Etiquetas:
bacharelato,
ESO,
fíxeno eu,
gramática,
lingua,
Materiais na rede para secundaria,
semántica
2011/11/07
A lingua sabe a pan
Dende o CPI Virxe da Saleta de Cea chéganos o pan máis rico, un lipdub para a lingua galega.
O lipdub realízase sobre unha versión de Sweet Home Alabama
de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra
Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua
Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos
músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e
produciron nos estudios Muu! de Vigo.
Se queres cantalo, tamén teñen unha versión en Karaoke.
2011/11/05
4 anos de blog
Pink Sherbet Photography en Flickr. |
Hoxe celebro 4 anos deste intento de arquivo público das cousas que me van interesando e das que vou facendo relacionadas con isto do ensino.
2011/11/03
Portal de ditados tópicos galegos USC. Instituto da Lingua Galega
O Instituto da Lingua Galega (ILG) ofrécenos agora unha nova ferramenta de procuras lingüísticas, o Portal de ditados tópicos galegos. Que podemos atopar nel? Neste portal podemos atopar xentilicios, seudoxentilicios (alcumes) e mais refráns e cantigas referidas a algunha localidade ou aos seus poboadores.
De momento conta con 1212 fichas recollidas en Galicia para a redacción do Diccionario geográfico popular de España de Camilo José Cela.
A busca nestes materiais pode facerse por lugar de recollida, lugar ao que fai referencia o contido, alcumes, cantigas, refráns, xentilicios ou topónimos festivos.
Esta aplicación especializada pode dar resposta tamén ás curiosidades lingüísticas de calquera falante.
Máis información no portal da Cultura Galega.
2011/10/25
A lingua de Alcaián
Éme moi grato compartir con vós a aparición dunha nova bitácora didáctica, trátase dun blog de aula de lingua e literatura, A lingua de Alcaián, que nace no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco da man de Mercedes Queixas Zas.
Que de onde lle vén o nome ese de Alcaián? Poderédelo saber visitando o blog, unha resposta ben fermosa e máxica.
Ademais conta con seccións como o/a escritor/a do mes, ou o libro da semana.
2011/10/24
Paixón de biblioteca
Reproduzo aquí a columna de opinión de Reme Vázquez publicada no blog de Galaxia o 18 de outubro de 2011.
_________________
Paixón de biblioteca
O
vindeiro 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Este ano, o
excritor Patxi Zubizarreta, expón no cartaz promocional un fermoso texto
que fala de nós, as persoas que traballamos nas bibliotecas, e di, dun
xeito lánguido e reconfortante, que somos xente apaixoada. Eu tamén creo
na paixón. Hoxe en día a biblioteca é moitas cousas, de sobra por todos
coñecidas, pero a fin primeira aínda responde a ese romanticismo: vou a
tenderche unha man.
Cando pola porta entra esa indecisa señora e plantexa: -Quero unha novela, pero non sei que levar- e eu lle pregunto - ¿Que lle gusta?, ela sorrí. Debe de ser, que quedan poucos lugares onde fagan esa pregunta e agarden a escoitar a resposta. A miúdo piden unha novela sinxela, que non me dea que pensar, que non dea problemas, problemas xa teño eu dabondo, algo livián... Nós dicimos, -Veña comigo.
E ela adoita seguirnos confiando no noso criterio e confía de todo no
plan que temos trazado para as súas tardes de choiva ou as súas noites
de insomnio.
Cando día tras día o rapaz máis introvertido da cidade senta a ler banda deseñada no chan, fuxido, ausente,
irreverente, e un ve que escolle volver ao mesmo sitio, adoito pensar,
que non erramos deixándoo autónomo e que foi acerto proporcionarlle un
lugar.
Cando
ante nós desfila, só nunha tarde, o avó, a coidadora, a rapaza coa súa
nai, o ciclista, a que sae de traballar, o pai coa mochila de Dora
Exploradora, un neno co traxe de judo, dona Carme, Ahmed… creo que a
nosa fortuna é a de contar co grande espazo onde collemos todos.
Imaxina
unha grande botica chea de tarriños con soños que a xente pode soñar,
imaxina escoller un xeado, imaxina unha solución, unha calma ao teu
problema, imaxina unha compaña, un capricho, unha posibilidade, imaxina
un apoio, unha paz, imaxina que é onde a ves sen que se dea conta, ou
onde o viches por primeira vez, imaxina que está na túa cidade…
Leva
moita razón Patxi Zubizarreta no seu discurso deste ano, eu tamén creo
que somos beduinos que prendemos lume no cumio da montaña cando imos
durmir….
2011/10/23
Un agasallo sorpresa
Na tarde de teimosa chuvia ribeirense recibo este agasallo de Luz Beloso baseado na miña icona e nunha fotografía de Xoán Arco da Vella.
2011/10/22
2011/10/20
A COMUNICACIÓN
Para ver ben a imaxe hai que colocarse enriba/ clicar no botón dereito/ e abrir a ligazón nunha nova lapela.
2011/10/17
5000 Parabéns para Trafegando Ronseis
Cinco mil entradas nun blog non é algo que se consiga así coma así, e menos nun blog de carácter educativo e en galego. Trafegando Ronseis é para min desde hai moito tempo un dos blogs de referencia e gustaríame darvos unha cantas razóns para vos facerdes seguidores dese magnífico traballo.
1 - A súa actualización é envexable sobre todo en cuestións lingüísticas e en publicacións de carácter literario.
2 - Nel atopas os mellores vídeos de animación.
3 - A súa sección de materiais sobre violencia de xénero é única.
4 - Se che gusta a publicidade non vas dar feito, teñen moita e de calidade.
5 - Citan as fontes de onde proveñen os materiais de forma que a través deles chegas a coñecer páxinas moi interesantes.
A Anxo non tiven o pracer de coñecelo pero Gracia, ademais, é unha persoa encantadora.
Parabéns para eles dous pola súa traxectoria blogueira e moitísimos ánimos para seguir trafegando en tan fermosos e indispensables ronseis.
2011/10/14
2011/10/11
2011/10/09
2011/10/06
Steve Jobs
Deixo os vídeos do seu discurso o 02/06/2005 na cerimonia de Graduación da Universidade de Stanford dobrados en castelán.
Carta de ProLingua ao Presidente da Deputación da Coruña
Señor Presidente:
Como seguramente xa coñece, en La Voz de Galicia do pasado día 2 publicouse unha entrevista con Zaira Rodríguez Pérez, concelleira de Cee e responsable da área de Normalización Lingüística na institución que vostede dirixe. Somos moitas as persoas que lemos con abraio e indignación esta parte da entrevista antedita:
-Entre sus áreas de trabajo, usted es la responsable de normalización lingüística. Puede parecer algo chocante en una persona que no habla gallego.Sendo a deputada responsable da área de Normalización Lingüística, non pode Zaira Rodríguez, por moito que invoque a súa liberdade individual, facer semellantes declaracións. Esta persoa non pode continuar no cargo onde vostede a colocou, porque a súa actitude de desprezo pola lingua propia de Galicia é unha actitude ignorante e mesquiña, que resume moitos dos prexuízos existentes sobre o nos idioma e que non podemos aceptar.
-Lo entiendo perfectamente y lo hablo a veces. En mi casa lo hablan, pero creo que cada uno es libre de elegir la lengua en la que se siente más cómodo.
A súa incompetencia manifesta e o seu desprezo pola normalización lingüística supoñen un insulto máis para as persoas que falamos galego e que traballamos para que o seu estatus de lingua oficial en Galicia se traduza na práctica nunha presenza nos diversos ámbitos sociais parella á que goza o castelán.
Desde a plataforma plural e apartidaria ProLingua querémoslles lembrar, a vostede e á deputada Rodríguez Pérez, que os poderes públicos galegos non só deben garantir o uso normal e oficial do galego, senón que deben “potenciar” o seu emprego en todos os planos da vida (art. 5.3 do Estatuto de Autonomía), o que, de acordo co apartado 3 do artigo 6 da Lei de Normalización Lingüística, significa que deben promover “o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns”.
Do mesmo xeito que nunca deixariamos un raposo ao coidado das galiñas, non pode unha persoa coas ideas da devandita deputada desenvolver o cargo que na actualidade ocupa. Desde ProLingua pedimos o seu cesamento inmediato e a súa substitución por outra persoa que manifeste un maior coñecemento e, sobre todo, respecto pola lingua propia de Galicia.
3 de outubro de 2011
2011/09/16
En lembranza de Mª Dolores Martínez Tobío
Súmome á homenaxe colectiva das compañeiras e compañeiros de bibliotecas escolares e doutros moitos docentes que sen estarmos directamente implicados non por iso deixamos de aproveitar os froitos que delas xorden.
___________________
Comezamos o curso con tristeza.
___________________
Comezamos o curso con tristeza.
Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.
Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto! Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.
Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.
Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares
2011/09/15
Mini e Mero premio Ramón Piñeiro-Facer País
Parabéns a Mini e Mero pola concesión do premio Ramón Piñeiro López-Facer País, músicos, poetas, mestres, investigadores do patrimonio cultural galego e prolingüeiros onde os haxa.
Este premio convócao a asociación cultura Val de Láncara que tamén desde o ano 2001 vén organizando a Festa da Malla.
Se nos fixamos nos galardoados ao longo da traxectoria do premio vemos que pode que non estean todos os que están, pero dende logo, si son todos os que están.
2011 - Mini e Mero
2010 - Real Academia Galega
2009 - Luz Pozo Garza
2008 - Avelino Pousa Antelo
2007 - A Nosa Terra
2006 - Xosé Neira Vilas
2005 - Xosé Manuel Beiras
2004 - Milladoiro
2003 - Luís Tosar
2002 - Isaac Díaz Pardo
Este premio convócao a asociación cultura Val de Láncara que tamén desde o ano 2001 vén organizando a Festa da Malla.
Se nos fixamos nos galardoados ao longo da traxectoria do premio vemos que pode que non estean todos os que están, pero dende logo, si son todos os que están.
2011 - Mini e Mero
2010 - Real Academia Galega
2009 - Luz Pozo Garza
2008 - Avelino Pousa Antelo
2007 - A Nosa Terra
2006 - Xosé Neira Vilas
2005 - Xosé Manuel Beiras
2004 - Milladoiro
2003 - Luís Tosar
2002 - Isaac Díaz Pardo
Como mostra da arte de Mini e Mero, déixovos un vídeo de hai agora un ano da súa interpretación do poema Penélope do poeta chairego Xosé María Díaz Castro.
20110909 Manifestación contra os recortes no ensino
Profesoras e profesoras manifestámonos en Compostela contra uns recortes
que afectan directamente á diminución da calidade de ensino para as
nosas alumnas e alumnos.
2011/09/12
Volta ás aulas
Para @s que volvedes desanimad@s, queimad@s, indignad@s nestes malos tempos que corren, déixovos este vídeo onde se recoñece o noso traballo, o noso papel imprescindible na educación.
Poderemos con todo isto que nos afasta do fermoso acto de educar porque elas e eles precisan de nós.
Benvidos ao novo curso!
Poderemos con todo isto que nos afasta do fermoso acto de educar porque elas e eles precisan de nós.
Benvidos ao novo curso!
2011/06/10
2011/06/07
2011/06/02
A insoportable levedade das Bibliotecas Escolares
Reproduzo o manifesto "A insoportable levedade das Bibliotecas Escolares" para demandar unha reconsideración intelixente por parte da consellería de educación mais tamén como homenaxe a todas esas traballadoras e traballadores e ás súas horas de dedicación altruísta a facer da biblioteca algo que vai moito máis alá de ser un recinto onde se gardan saberes en forma de libro.
Non se pode seguir recortando en servizos fundamentais como a educación, aínda que se xustifique dicindo que é o prezo para que saian as contas.
__________________Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos.
Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE.
De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información.
Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater.
A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces.
Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas.
Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser?
Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos? O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia.
Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable.
Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal.
Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater.
A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces.
Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas.
Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser?
Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos? O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia.
Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable.
Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal.
Onde quedou ese entusiamo?
Que interpretación debemos facer?
O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo?
E nós?
En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas
se despois de tanta insistencia
invisibiliza?
é a propria Consellería a que nos
invisibiliza?
2011/05/11
Symbaloo de aplicacións web
Material utilizado no curso Internet na aula de Lingua Galega organizado polo Cefore da Coruña en marzo de 2011.
SYMBALOO DE APLICACIÓNS WEB
Symbaloo de recursos de lingua e literatura
Material utilizado no curso Internet na aula de Lingua Galega organizado polo Cefore da Coruña en marzo de 2011.
SYMBALOO DE RECURSOS DE LINGUA E LITERATURA
Lecturas para outras lecturas
Material utilizado no curso Internet na aula de Lingua Galega organizado polo Cefore da Coruña en marzo de 2011.
View more presentations from A profa A profa
2011/04/19
Convocatoria de concesión de premios ao profesorado que desenvolva novos contidos educativos dixitais
Veña, presenta esas cousas tan interesantes que fas cos teus alumnos!!!
(Imaxe de Daquella manera) |
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica ven de publicar a resolución pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de premios ao profesorado que desenvolva novos contidos educativos dixitais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (procedemento administrativo PR522B).
No marco do programa de Axudas para o desenvolvemento da sociedade da información, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destina este ano 200.000 euros a premios para profesores que desenvolvan novos contidos educativos dixitais.
A presente actuación enmárcanse na estratexia do Proxecto ABALAR, que están a desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
Os profesores galegos poderán optar este ano a uns premios sobre o desenvolvemento de novos contidos educativos con entidade dixital. Estes contidos, accesibles mediante medios electrónicos e interactivos, referiranse a algunha das seguintes modalidades:
5º e 6º de Educación Primaria:
- Modalidade 1: Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural
- Modalidade 2: Lingua Galega e Literatura
- Modalidade 3: Matemáticas ou Educación Física
- Modalidade 4: Plástica.
1º e 2º de Educación Secundaria:
- Modalidade 1: Ciencias Sociais
- Modalidade 2: Xeografía e Historia
- Modalidade 3: Ciencias da Natureza
- Modalidade 4: Educación Plástica e Visual
- Modalidade 5: Lingua Galega e Literatura
- Modalidade 6: Lingua Castelá e Literatura
Para cada unha das modalidades anteditas establécense un primeiro premio de 4.500 €, un segundo premio de 3.500 euros, un terceiro premio de 3.000 € e nove cuartos premios de 1.000 euros.
Os formularios de solicitude pódense cubrir e obter por vía telemática ata as 14 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes na seguinte páxina:
http://www.xunta.es/apps/axudas/login.do?cod_cons=PR&cod_proc=522BO prazo de presentación remata o día 6 de maio de 2011, inclusive.
Máis información aquí.
2011/04/13
2011/04/11
Carta aberta ao Presidente da Xunta de Galicia, envíalla ti tamén
Sr. Presidente da Xunta de Galicia
SANTIAGO DE COMPOSTELA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Señor Presidente:
Os asinantes, compoñentes da Cerna de ProLingua e en representación dos máis de dous mil membros desta plataforma apartidaria e plural, integrada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión, mais especialmente como galegas e galegos que desexan preservar para as xeracións futuras a nosa milenaria lingua propia, e preocupados polas declaracións que determinados candidatos das próximas eleccións municipais e sinalados dirixentes do Partido Popular de Galicia fixeron, dirixímonos a vostede para lle expoñer as nosas inquietudes sobre dunha hipotética, pero non descartada, reforma da actual Lei de Normalización Lingüística (Lei 3/1983) no sentido de diminuír as esixencias que a citada lei contén no sentido da protección da lingua galega.
De se producir tal feito, e de sufrir a nosa lingua un novo decaemento da súa situación legal, queremos lembrarlle que iso significaría
a) Que o Partido Popular de Galicia rompería de forma unilateral o consenso acadado para a promulgación da LNL en 1983.
b) Un abuso de poder dada a escasa lexitimidade democrática que se contén no feito de modificar por maioría simple o que se adoptou por unanimidade.
c) Unha actuación contraria ao espírito da Constitución Española (Art. 3.3), do Estatuto de Autonomía de Galicia (Art. 5.3) e da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (BOE, nº 222 do 15/9/2001), que instan, todos eles, á defensa e promoción da lingua propia de Galicia.
d) Unha constatación pública e evidente da actitude de belixerancia contra o galego que mantén o partido que sostén o goberno de Galicia.
Por todo isto, rogámoslle a vostede que, consonte coa oferta de pacto pola lingua que manifestou no Courel o Día das Letras Galegas do pasado ano, se comprometa publicamente a non promover nin acometer ningunha reforma da LNL que non se produza co mesmo consenso e unanimidade con que a Lei 3/1983 foi aprobada no seu día.
Galicia, 9 de abril de 2011
Se desexas apoiar esta iniciativa, asina a petición online co teu nome e apelidos e un enderezo de correo electrónico válido.
2011/03/27
Galiza co Galego
[Copio e espallo o correo recibido.]
O Movemento de Galiza co Galego, ten unha Comisión Promotora que está a levar o traballo da posta en práctica da creación dunha Rede Popular de Ensino en galego, que queren plasmar na etapa infantil inicial (0-3).
A Comisión conforme os seus estatutos ten que disolverse o 17 de Maio.
Se o Movemento de Galiza co Galego en prol dunha Rede Popular de Ensino non alcanza os 3.000 terá que pararse.
De pasar esta situación, é de que o desánimo faga presa nas persoas da Comisión (con gran traballo e desgaste persoal) pode ter consecuencias moi negativas que fagan fracasar a iniciativa popular en defensa e garantía do dereito fundamental (en especial a infancia) a educarse na nosa lingua.
Para que a Comisión Promotora poida dar continuidade ao Movemento de Galiza co Galego como Asociación é imprescindíbel ter antes do 17 de Maio os 3.000 apoios precisos.
Actualmente contan con 2435 apoios, con 20 apoios diarios conseguirían os 3.000 necesarios.
Tod@s poden axudar tan só hai que ler e apoiar en http://limiargalego.blogspot.com/p/ano-2011-do-ensino-en-galego-apoian-as.html. Apúntate, espalla...reenvía este correo ao menos a 20 dos teus amig@s.
A Comisión conforme os seus estatutos ten que disolverse o 17 de Maio.
Se o Movemento de Galiza co Galego en prol dunha Rede Popular de Ensino non alcanza os 3.000 terá que pararse.
De pasar esta situación, é de que o desánimo faga presa nas persoas da Comisión (con gran traballo e desgaste persoal) pode ter consecuencias moi negativas que fagan fracasar a iniciativa popular en defensa e garantía do dereito fundamental (en especial a infancia) a educarse na nosa lingua.
Para que a Comisión Promotora poida dar continuidade ao Movemento de Galiza co Galego como Asociación é imprescindíbel ter antes do 17 de Maio os 3.000 apoios precisos.
Actualmente contan con 2435 apoios, con 20 apoios diarios conseguirían os 3.000 necesarios.
Tod@s poden axudar tan só hai que ler e apoiar en http://limiargalego.blogspot.com/p/ano-2011-do-ensino-en-galego-apoian-as.html. Apúntate, espalla...reenvía este correo ao menos a 20 dos teus amig@s.
Assinar:
Postagens (Atom)