O 22 de setembro a ANPA do CEIP Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar facía público este vídeo de denuncia en YouTube, unha forma lúdica de protesta que sumaban ás súas manifestacións e andainas.
Semella que a situación ten cambiado para esta xente reivindicativa e reproduzo o contido da última entrada no seu blog con data 6 de outubro.
"A Consellería de Educación mediante
un comunicado de prensa, anunciou o pasado mercores 5 de outubro, a
inclusión dunha partida orzamentaria de 200.000 euros para a ampliación
do noso colexio para o ano 2.012.
Non obstante, O
ANPA do colexio público Ben-Cho-Shey, continuarán coas accións
reivindicativas en defensa dos seus lexítimos dereitos, en tanto, non
exista un compromiso firme e por escrito, da inclusión dunha partida no
proxecto de presupostos da Xunta de Galicia para o ano 2.012, para
licitar o proxecto e as obras de ampliación e melloras do colexio
Ben-Cho-Shey, así como, o compromiso de que as devanditas obras se
finalicen antes do inicio do curso 2.012-2.013.
Por último, a
Comunidade Educativa do colexio público Ben-Cho-Shey, seguirá reclamando
insistentemente, unha igualdade de oportunidades e non discriminación,
entre o ensino público e privado en Pereiro de Aguiar, así como, unha educación pública e gratuíta de calidade, independentemente das condicións sociais, económicas ou outras circunstancias, dos alumn@s."
Nenhum comentário:
Postar um comentário