Mostrando postagens com marcador RECURSOS. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador RECURSOS. Mostrar todas as postagens

2011/11/03

Portal de ditados tópicos galegos USC. Instituto da Lingua Galega


O Instituto da Lingua Galega (ILG) ofrécenos agora unha nova ferramenta de procuras lingüísticas, o Portal de ditados tópicos galegos. Que podemos atopar nel? Neste portal podemos atopar xentilicios, seudoxentilicios (alcumes) e mais refráns e cantigas referidas a algunha localidade ou aos seus poboadores.

De momento conta con 1212 fichas recollidas en Galicia para a redacción do Diccionario geográfico popular de España de Camilo José Cela.

A busca nestes materiais pode facerse por lugar de recollida, lugar ao que fai referencia o contido, alcumes, cantigas, refráns, xentilicios ou topónimos festivos.

Esta aplicación especializada pode dar resposta tamén ás curiosidades lingüísticas de calquera falante.

Máis información no portal da Cultura Galega.

2010/11/02

O Quixote interactivo

O Quixote interactivo é un proxecto que permite un achegamento innovador á primeira edición da obra de Cervantes, conservada nos fondos da Biblioteca Nacional de España, e a un conxunto de contidos multimedia que axudan a contextualizala.
Partindo da dixitalización a moi alta calidade dos exemplares que conserva a BNE da 1ª edición (as de Madrid de 1605 e de 1615) construiuse un portal interactivo que conta con mapas, ilustracións, gravados e outros contidos procedentes de 43 edicións distintas da obra e doutras 21 obras diferentes pertencentes tamén á BNE. 


As posibilidades de navegación a través da obra son totais e cunha calidade gráfica impresionante. Neste sentido gustaríame salientar unha desde o punto de vista pedagóxico porque nos ofrece unha nova posibilidade de visualización da obra (xa antes contida en guías de lectura impresas), trátase da navegación a través dos mapas das rutas, que permiten visualizar a viaxe e partindo duns puntos no mapa localizar os framentos da obra alusivos.


Entre os materiais complementarios, gustome especialmente o apartado destinado aos libros de cabaleirías onde se estuda O Quixote en comparación con outras obras de cabaleirías partindo de seis características básicas deste xénero literario.


No meu parecer, o punto máis feble deste material é o apartado destinado á vida do século XVII que non mantén o nivel de calidade do resto do recurso, polo demais, moi altamente recomendable.

E haberemos de poder ver algunha vez así unha mostra da nosa literatura?

2010/09/13

8 Estratexias de comprensión de textos literarios

Presentación de Caderno de Cores que ofrece 8 estratexias exemplificadas de comprensión de textos literarios.
As máis novidosas para min son a conversa escrita cunha personaxe e o sociograma.

2010/05/13

Modelos didácticos con encerados dixitais

Presentación de Antonio Garrido do CEP Alcázar de San Juan que resume en poucas diapositivas as numerosas posibilidades do encerado dixital.

Vía Buzz de Felo Couto.

2009/07/12

Xogos coas lecturas de Agustín Fernández Paz

 

En Bibliolaxe, o blog da biblioteca do IES Auga da Laxe de Gondomar atopamos a ligazón para unha páxina de XOGOS que preparou o  alumnado de 1º de Bacharelato coa profesora de Tecnoloxía, Elena Fernández, a partir de diferentes libros de Agustín Fernández Paz.

As obras nas que se basean os xogos son:
A cidade dos desexos
As flores radiactivas
Contos por palabras
Rapazas
Unha lúa na fiestra
Trece anos de Branca
Cartas de inverno
Amor dos quince anos, Marilyn
Aire Negro
No corazón do bosque
Noite de voraces sombras
Tres pasos polo misterio
A escola dos piratas
O centro do labirinto
Corredores de sombra
O raio veloz
O único que queda é o amor