2009/10/20

Clases en inglés no novo decreto 2009



Vaia por diante que nada máis lonxe da miña vontade que dubidar da cualificación e motivación do profesorado galego, xa sabemos todos que estamos preparadísimos e interesadísimos en calquera tipo de innovación pedagóxica.
É por isto que, dando por sentado ese cacarexado decreto cara ao trilingüismo harmónico, que así de primeiras nos podería deixar a todas e todos supermegacontentos, eu nin sequera me vou preocupar de falar de porcentaxes polo de agora, xa chegará o momento.
Que non, que resisto e me autocensuro, que non falo de porcentaxes nin de se as matemáticas requiren de linguas superiores para a súa docencia, pero vaiamos ao asunto.
Unha, que por traxectoria profesional, leva andado uns cantos centros das catro provincias, sabe do exitazo das seccións trilingües (castelán, galego, inglés), e sabe ademais que o nivel do profesorado e do alumnado está por riba de toda dúbida. É por todo isto, que lle gustaría que no novo decreto figurase a lingua vehicular nas aulas en inglés (que non de lingua inglesa) cando se fixese necesario calquera tipo de intervención nunha lingua diferente ao idioma estranxeiro. Xa sei que isto é rizar o rizo, si, si, xa sei que as terminoloxías específicas están máis que dominadas por docentes e discentes, que si, que xa sei que isto nunca vai acontecer pero... só por se nalgún caso "illadísimo" se chegase a producir, non estaría mal que se regulase ese pequeno detalle, non lles parece?

2009/10/12

Contra o silencio

Clicando na imaxe do texto poderás ler a miña colaboración no suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo sobre a obra de F. X. Redondo Abal, O fulgor e as tebras sobre as bibliotecas na II República.
Podes ler unha entrevista a Francisco Xavier Redondo Aval nas páxinas de Fervenzas Literarias.
Tamén podes atopar outras reseñas sobre a obra aquí, no Blog de César Salgado.

2009/10/03

Prolingua



Creo firmemente que este logo pasará a formar parte feliz das nosas vidas.

2009/10/01

O caso Polanski e a dobre moral


"Como persoa e maiormente como muller alégrome da detención de Polanski e condeno esa dobre moral que se lle está a aplicar a este caso polo feito de ser o agresor un persoeiro do mundo do cine e non vén a conto ese corporativismo mal entendido. Xa deberiamos ter superado cuestións tan básicas como esta de saber que a obra destacada dunha persoa non a libera das responsabilidades cívicas comúns a todos nós."

Vía Selva de Esmelle.