É por isto que, dando por sentado ese cacarexado decreto cara ao trilingüismo harmónico, que así de primeiras nos podería deixar a todas e todos supermegacontentos, eu nin sequera me vou preocupar de falar de porcentaxes polo de agora, xa chegará o momento.
Que non, que resisto e me autocensuro, que non falo de porcentaxes nin de se as matemáticas requiren de linguas superiores para a súa docencia, pero vaiamos ao asunto.
Unha, que por traxectoria profesional, leva andado uns cantos centros das catro provincias, sabe do exitazo das seccións trilingües (castelán, galego, inglés), e sabe ademais que o nivel do profesorado e do alumnado está por riba de toda dúbida. É por todo isto, que lle gustaría que no novo decreto figurase a lingua vehicular nas aulas en inglés (que non de lingua inglesa) cando se fixese necesario calquera tipo de intervención nunha lingua diferente ao idioma estranxeiro. Xa sei que isto é rizar o rizo, si, si, xa sei que as terminoloxías específicas están máis que dominadas por docentes e discentes, que si, que xa sei que isto nunca vai acontecer pero... só por se nalgún caso "illadísimo" se chegase a producir, non estaría mal que se regulase ese pequeno detalle, non lles parece?
2 comentários:
Está moi ben feita a reflexión, profa. A este paso acabaremos indo a clases de chinés impartidas en bielorruso para saber manexarnos en inglés cos japoneses que virán a Galicia falando francaise no Xacobeo-2010
Hahaha
Moi bo :D
Postar um comentário