Mostrando postagens com marcador documentais. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador documentais. Mostrar todas as postagens

2010/05/20

A ciencia da compaixón

Non sería desexable que as rapazas e rapaces aprendesen no colexio a ser felices e a ser bos? Non é iso o que queremos todos? 

Se queres saber o fácil e o difícil que é meditar e a utilidade que ten para mellorar o teu rendemento (sobre todo nesta fase de estrés de exames e correccións maratonianas), non perdas este marabilloso documental de Redes.

Redes (16/05/10): La ciencia de la compasión


2009/04/24

flocos.tv


flocos.tv, unha páxina creada pola Axencia Audiovisual Galega, dependente da Consellería de Cultura tense convertido desde a súa creación en cita imprescindible no mundo da cultura audiovisual galega, é o vídeoclub on line da nosa cinematografía.
As producións organízanse en catro tipos: ficción, animación, documental e experimental.
Tamén ofrece outra sección para ciclos. Aí podemos atopar algúns claramente aproveitables no ensino: A lingua animada, A Guerra Civil ou  Memoria de Muller.
A páxina ofrece tamén unha estrutura de rede social de tal xeito que podemos puntuar as obras, facernos fans, realizar comentarios, establecer amigos no noso perfil ou acceder ás páxinas dos directores.
Esta iniciativa de momento parece ter unha acollida máis que exitosa con máis de 1.000 usuarios rexistrados en dous meses, segundo Martin Pawley.
Máis información en Días estranhos.