2015/07/05
Que 8 libros galegos cres que hai que ler antes de morrer?
Despois de ler a magnífica Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega coordinada por Blanca-Ana Roig Rechou preguntábame como elixir uns poucos títulos ao ano entre tanta produción. Acordeime dun post de febreiro de 2007 no que Francisco Castro lle preguntaba ao público do seu blog que 8 libros galegos crían que había que ler antes de morrer, en menos dun mes publicaba unha listaxe de cinco obras saída desa votación.
Máis de oito anos despois, gustaríame que me axudases a escoller.
Que 8 libros galegos cres que hai que ler antes de morrer?
2011/11/17
2011/02/09
2010/04/11
Guías de lectura
Nela poderás atopar:
- Obxectivos da lectura.
- Tipos de guías de lectura.
- Elementos da guía de lectura.
- Na rede (compilación de páxinas na rede onde se poden atopar guías de lectura).
2009/10/12
Contra o silencio
Clicando na imaxe do texto poderás ler a miña colaboración no suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo sobre a obra de F. X. Redondo Abal, O fulgor e as tebras sobre as bibliotecas na II República.
Podes ler unha entrevista a Francisco Xavier Redondo Aval nas páxinas de Fervenzas Literarias.Tamén podes atopar outras reseñas sobre a obra aquí, no Blog de César Salgado.
2009/06/13
Eu tamén quero ser optimista
Rosa Aneiros
2009/02/19
A corpo aberto de Manuel Rivas

A primeira parte está dedicada á análise da «España do Último Día», a da crispación da era Aznar. Aquí convertémonos en periferia, o centro é Madrid e atopamos os temas que nos poderia ofrecer calquera analista político do reino, pero peneirado pola visión literaria de Rivas, tan lonxe do copy / paste ao que nos ten tan afeitos a prensa actual. Botamos de menos aquí algunha cita a pé de páxina explicando quen é quen, un elemento textual que axudaría a manter a vixencia da obra pasado certo tempo.
A segunda parte, titulada «Amnesia retrógada», céntrase na denuncia da desmemoria histórica, tanto na Guerra Civil, como na posguerra e na ditadura franquista, así como tamén na arxentina a través do caso da familia Oesterheld.
A terceira parte está dedicada á revolución do mar, aquí somos centro, e o autor máis ca ninguén, convertido en cronista e protagonista. Reivindica así a traxectoria do movemento cívico galego na aventura d’ O Xurelo, no desastre do Prestige, no nacemento de Nunca Máis e na ocupación das Encrobas.
Na última parte, «Re-existencias», o autor abandónase máis á forza da literatura e atopamos algúns dos mellores textos da obra: «O ganso salvaxe e o cazador acazapado», «As formas dos tesouros», «A ópera das ras» ou «A felicidade clandestina».
Manuel Rivas é un autor de lectura varia e ben aproveitada, isto é, un erudito, que se afasta da linguaxe xornalística común polos vieiros da literatura. Gusta de compartir o que le e sempre se lle agradece a lealdade coa cita textual, aínda que por exceso poida chegar mesmo á cita da cita.
Cómpre felicitar a Vicente Curtis polas fotos da cuberta e contracuberta que resumen os contidos básicos da obra (ecoloxismo, memoria, dor e literatura) e onde por estar, ata está a arañeira literaria de Virginia Wolf. E ollamos as fotos da obra, pucas, moi poucas, mais as xustas. Son as fotos das tres familias: a do sangue (a do autor), a da solidariedade (a das catro fillas de Elsa e HGO) e a do compromiso (a familia d’ O Xurelo, os tripulantes dunha noz de esperanza no medio do Atlántico).
E leo e desleo "O ganso salvaxe" e volvo crer nos tesouros, neses que as mans escritoras deixan por aí, "camuflados", para nos agasallar coa felicidade clandestina. Pilar Ponte.
Crítica publicada en prensa no Faro da Cultura (suplemento do Faro de Vigo) o 19 de febreiro de 2009.
Outros enlaces relacionados co autor e con esta obra:
O autor en: Galipedia, Praza das Letras, AELG, Biblioteca Virtual Galega, Cátedra Miguel Delibes, Galaxia, lg3 e Xerais.
2008/12/09 Manuel Rivas e Teresa Moure no Diario Cultural. (audio)
2008/12/08 Entrevista en Falemos de Libros no Cultur.gal. (vídeo)
2008/11/26 Entrevista en Vieiros.
*** Enlaces relacionados coa versión traducida ao castelán.
2009/02/08 Entrevista en Página 2 de Televisión Española. (audio)
2009/02/08 Entrevista en Página 2 de Televisión Española. (vídeo)
2009/01/26 Entrevista e caricatura en Nanocartoon.
2008/11/26 Entrevista en Periodista Digital. (vídeo)
2009/01/21
2008/12/14
Falemos de libros
Clica no televisor e poderás acceder á páxina da AELG na que se recollen 48 vídeos de escritoras e escritores galegos falando da súa obra no Culturgal2008 na Coruña.2008/03/24
Un índice literario
Hoxe Cultura Galega publica un artigo interesante no que ofrece un percorrido por quince portais relacionados coa literatura galega, unha boa ocasión para visitar os descoñecidos e volver ver os que xa estaban e foron cambiando.[Imaxe de Cultura Galega]


