Mostrando postagens com marcador fotografía. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador fotografía. Mostrar todas as postagens

2013/12/26

Patrimonio perdido na Virxe da Barca

Muxía Santuario da Virxe da Barca 06 lámpada



 
Na madrugada do 25 decembro de 2014, no amencer do día de Nadal, un incendio provocado por un de tantos lóstregos do temporal arrasou o santuario da Virxe da Barca de Muxía. Velaquí algunhas fotos do interior tomadas no ano 2008.

2013/08/19

Día mundial da fotografía


Hoxe celébrase o Día Mundial da Fotografía, para facer os honores gustaríame compartir unha das páxinas que máis momentos de pracer me ofrece ao longo do ano. Trátase do blog Cada día un fotógrafo / Fotógrafos en la red, un proxecto de Luis Martínez Aniesa, un fotógrafo afeccionado guipuscoano que xa leva analizada a biografía e obra de 1668 fotógrafos.
Podes viaxar por esta publicación de forma cronolóxica mais tamén a través dun índice alfabético de autores, por países, comunidades autónomas e categorías onde tamén teñen cabida creadores galegos.
Unha páxina que paga a pena coñecer e seguir.

2012/10/13

Máis que un fotógrafo: Guillermo Cameselle


Esta semana faleceu o xornalista gráfico Guillermo Cameselle (Vigo 1951-2012) despois de trinta anos de traballo en Faro de Vigo.

Os fotógrafos en moitas ocasións son os irmáns pobres do xornalismo en tanto que se minusvalora o seu traballo fronte ao do sacrosanto redactor. Un fotoxornalista ten que ser retratista, paisaxista, fotógrafo deportivo e o que se lle poña por diante, e rapidiño que en corenta e cinco minutos hai que estar ao outro lado da cidade porque alguén inaugura non sei que cousa.

O instante preciso.

O enfoque exacto. 

A captura do espírito.
A construción da nosa memoria histórica.
Durante os meus anos na sección de corrección e cerre de La Opinión A Coruña tiven a oportunidade de traballar canda eles e de comprobar como ás veces a forza do costume trivializa a arte, pero moitas outras é o disparo certeiro o que mellor capta a esencia da noticia e enche de verdade sen intermediarios a páxina do xornal. 

Vaia dende aquí a miña homenaxe a Guillermo Cameselle e a todos os xornalistas gráficos galegos que día a día constrúen a nosa memoria histórica en imaxes.

*As fotografías que ilustran este post son da autoría de Guillermo Cameselle e están tiradas da fotogalería de Faro de Vigo.

** Acabo de dar con este post sobre Cameselle en Brétemas.


2011/10/23

Un agasallo sorpresa



Na tarde de teimosa chuvia ribeirense recibo este agasallo de Luz Beloso baseado na miña icona e nunha fotografía de Xoán Arco da Vella.

2010/06/13

Premios Xerais 2010 en 23 fotos

Encontro de xeracións creativas.
Resumo en 23 fotos da celebración dos Premios Xerais 2010.

2009/12/05

Imaxe da semana na Galipedia

Xa sei que non é nada modesto pero deume moita fachenda entrar hoxe na Galipedia e ver que unha foto miña estaba destacada como imaxe da semana.

2009/05/17

Manifestación pola lingua 20090517


Resumo fotográfico da manifestación de Santiago de hoxe, se queres ver as fotos en grande ou con calma preme aquí.

2009/03/04

Entroido 2009 - IES Lauro Olmo


*Se alguén considerase non respectados os seus dereitos de imaxe por aparecer nesta presentación que se poña en contacto comigo a través do enderezo de contacto e a súa imaxe será retirada.

2009/02/27

Entroido 2009 - Viana do Bolo

CLICANDO AQUÍ podes ver a presentación do álbum en Flickr a pantalla completa.