2014/12/09
A profa 3º ESO: Bancos de recursos de balde
A profa 3º ESO: Bancos de recursos de balde: Déixovos o enlace a un artigo onde podedes atopar enlaces a bancos de recursos de balde que podedes utilizar nos vosos traballos.
2014/11/30
A profa 3º ESO: Visita de Ledicia Costas
A profa 3º ESO: Visita de Ledicia Costas: Mañá estreamos o mes de decembro cunha visita de luxo, vénnos ver Ledicia Costas. Con ela teremos a oportunidade de compartir palabras...
2014/11/03
Falando do futuro: Hai cousa peor que estudar galego?
Parabéns a Francisco Cidrás por esta columna de opinión, publicada en Praza Pública, sobre o tratamento que lle dan os medios de comunicación e o ministerio de educación aos datos sobre a inserción laboral dos licenciados en galego.
Este texto debería ser de obrigada lectura para todos os membros dos departamentos de orientación dos IES galegos e para todo o alumnado de bacharelato para que as nosas alumnas e alumnos teñan toda a información que precisan e que esta sexa veraz.
Este texto debería ser de obrigada lectura para todos os membros dos departamentos de orientación dos IES galegos e para todo o alumnado de bacharelato para que as nosas alumnas e alumnos teñan toda a información que precisan e que esta sexa veraz.
2014/10/27
A profa 3º ESO: PARTES DO CORPO
A profa 3º ESO: PARTESDO CORPO
Imaxe vía Fleshmap.
ACABEZA: ocuru...: PARTES DO CORPO Imaxe vía Fleshmap . A CABEZA : o curuto; a cara, o rostro, a face ou a faciana; a fronte; a tempa, sen ou vi...
Imaxe vía Fleshmap.
ACABEZA: ocuru...: PARTES DO CORPO Imaxe vía Fleshmap . A CABEZA : o curuto; a cara, o rostro, a face ou a faciana; a fronte; a tempa, sen ou vi...
2014/10/14
A profa 1º Bacharelato: Práctica de análise morfolóxica 1
A profa 1º Bacharelato: Práctica de análise morfolóxica 1: Analiza morfoloxicamente as seguintes palabras xustificando os seus elementos. Clasifica a palabra segundo a súa estrutu...
2014/10/09
A profa 1º Bacharelato: A viaxe de Gagarin 01
A profa 1º Bacharelato: A viaxe de Gagarin 01: Hoxe comezamos a nosa aventura co libro de Agustín Fernández Paz , A viaxe de Gagarin . Vexamos o booktrailer da novela: Este...
2014/10/08
Excálibur, cando un animal é unha mascota
Javier L. R. con Excálibur. |
Hoxe
falouse de Excálibur, o can de Teresa Romero, a muller infectada de
Ébola, e do seu home, illado tamén por mor da doenza á espera da
súa evolución e que lle solicitou publicamente á poboación civil
que defendesen a vida do terceiro membro da familia, un can de doce
anos ao que as autoridades sanitarias decidiron matar esgrimindo o
principio de precaución.
Ao
longo do día levo escoitado de todo, dende que matamos animais todos
os días para comer ata que un animal pode ser máis importante que
unha persoa.
Eu
non teño mascota ningunha pero están fóra de toda dúbida os
innumerables beneficios que este tipo de compañía ten para as
persoas que conviven con ela. Hoxe non é raro escoitar expresións
como “para min o meu can é máis importante que...” seguido da
referencia a algunha persoa próxima, normalmente familiar, a quen
lle suporía un maior achegamento humano. Que quere dicir isto, non o
sei, pero non fai falta ser socióloga para decatarse de como ten
evolucionado o sentir de moita poboación en relación cara ao
respecto dos animais e cara á súa valoración emocional no primeiro
mundo. Só isto pode explicar as imaxes de violencia que hoxe
presenciamos entre manifestantes e membros da Policía que
solicitaban que Excálibur fose posto en corentena para comprobar se
desenvolvera a doenza ou
a repercusión nas redes sociais e nos medios de comunicación de
masas. Na miña ignorancia sanitaria supoño que,
como sostén o Presidente dos Veterinarios, tería sido mellor
conservalo vivo e aproveitalo, de estar doente, para o estudo
científico.
A
diferenza é que, mentres uns falan de animais outros falan de
mascotas, e unha mascota non é un exemplar de laboratorio, nin
gando, é un animal de compañía para goce humano onde a interacción
entrambos seres ata poder ser difícil de delimitar como nos casos
dos cans-lazarillo.
Excálibur,
un can que levaba o nome da espada máis poderosa que endexamais
existiu por lle dar a quen a posuíse o poder de non ser ferido
nunca, morreu hoxe sacrificado para dor dos seus donos e daqueles que
respectamos a relación que os unía.
A profa 1º Bacharelato: Vaporear (exemplo do sufixo -ear)
A profa 1º Bacharelato: Vaporear (exemplo do sufixo -ear): Hoxe o Portal das Palabras no Mira que din achégase á palabra " vaporear ", que nos achega ao estudo do sufixo -ear. E mirade que...
2014/10/07
2014/10/06
2014/10/05
A profa 3º ESO: Benvida
A profa 3º ESO: Benvida: Inauguramos este blog que nace como ferramenta para a aula de lingua e literatura galegas en 3º da ESO no IES da Pobra do Caramiñal no c...
2014/09/23
21 días para 10 anos
Este ano faise unha década do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Este texto tiña como fin deter, en primeiro lugar, e reverter, despois, a perda de falantes na nosa lingua.
Vou falar dende a miña posición como profesora de lingua e como falante, e non preciso académicos ensaios de asisados investigadores que me demostren aquilo que o meu alumnado detecta sen problema ningún, que o galego non é unha lingua normalizada e que segue a perder falantes vertixinosamente. No meu instituto levamos dous cursos realizando unha actividade chamada 21 Días co Galego, un groliño de auga cheo de ilusión na longa travesía do deserto para o galego que supón a práctica lingüística do noso alumnado. Se o Plan funcionase, unha actividade coma esta sería un absurdo, lamentablemente teño a convicción de que é necesaria porque en moitos casos supón o primeiro intento de utilizar socialmente o galego. Preciso máis argumento que a existencia deste tipo de actividades para amosar a agoniante realidade da lingua galega? Poderemos falar sen descanso das marabillas do traxe novo do emperador, pero a realidade non deixará de ser que o rei está nu, que as autoridades e a sociedade galega non respectan o PXNLG e que non abondan 21 días para 10 anos.
Ilustración de Bertall para o conto O traxe novo do emperador. |
Disto tamén falaron outros que saben máis ca min:
Agustín Fernández Paz - Palabras baleiras
"Na Galicia de hoxe, as persoas galegofalantes sabemos que a nosa liberdade lingüística é limitada. [...] Nestes días, cando lembramos o décimo aniversario do Plan Xeral de Normalización da Lingua, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia, cómpre reiterar o primeiro dos cinco Obxectivos Xerais que o Plan sinala: "Garantir a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, sabendo que conta co amparo das leis e das institucións." Non son, non poden ser palabras baleiras."
Xabier Docampo - Dez anos que se esfarelaron en nada
Este domingo, 21 de setembro, cúmprense dez anos daquel día no que o Parlamento de Galicia aprobaba por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Cando rematou a votación os parlamentarios, comezando polo Presidente da Xunta, Manuel Fraga e seguindo polo vicepresidente, Alberto Núñez Feijoo, aplaudiron aquela decisión que acababan de tomar. Cos seus aplausos facían manifestación pública do que se comprometían diante do pobo galego:
...hoxe as ilusións que depositamos no PXNLG, o crédito que lles demos aos políticos que o aprobaron no Parlamento foi deitado ao lixo do esquecemento. Dez anos despois conseguiron que o PXNLG desaparecese, como se nunca tivese existido e no canto de vermos avances na normalización lingüística o que se nos presentou foi un proceso de demolición do cativo edificio que tiñamos construído.· Garantirlle a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, sabendo que conta co amparo da lei e das institucións.· Conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso, priorizando a súa presenza en sectores estratéxicos.· Introducir na sociedade a oferta positiva de atender o cidadán ou cliente en galego como norma de cortesía dun novo espírito de convivencia lingüística.· Promover a visión afable, moderna e útil da lingua galega que esfarele prexuízos, reforce a súa estima e aumente a súa demanda.· Dotar o galego dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios que o capaciten para vehicular a vida moderna.
Xosé Antón Laxe Martiñán - Dez anos de PXNL: nada podemos celebrar
"Hoxe, en 2014, se todo decorrese como debe ser en democracia, as institucións públicas galegas estarían organizando ducias de congresos, conferencias, seminarios e outros actos encamiñados a conmemorar a histórica data e a explicar os avances que se deberan lograr nunha década. [...] Pero nada disto será posible. Nada se celebrará, nada se analizará e nada se fiscalizará, porque ben poucas medidas foron aplicadas."
Ramón Nicolás - Resiliencia para a lingua galega
"Con todo, persoalmente, obrígome a cultivar a resiliencia, isto é, tentar sobreporse a situacións adversas e xerar sinerxias positivas, neste caso a prol do idioma galego. Resiliencia, pois, polo de agora como resposta ao incumprimento do que a lei ditou, seguir sendo, como dixo Celso Emilio, “mariñeiros, labregos da linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre”, talvez hoxe máis que nunca."
Fina Casalderrey - E Galicia comezou a tocar un soño
"Sigamos loitando polo soño de normalizar a lingua que herdamos dos nosos devanceiros empuñando as armas da palabra, esixamos que se cumpra co compromiso adquirido aquel 21 de setembro do 2004, cando o consenso entre as diferentes forzas políticas que nos representan fixo danzar os corazóns do pobo."
Cibrán Arxibai - A política lingüística contra o Plan
Víctor F. Freixanes - O patrimonio da lingua
Marcelino Fernández Mallo - Dez anos de agonía lingüística
Francisco X. Fernández Naval - Dez anos con plan, pero plantados
Francisco Fernández Rei - A necesidade de actualizar e aplicar o PXNLG
A Mesa - A Mesa denuncia o escandaloso incumprimento do PXNLG ao se faceren dez anos da súa aprobación
Xosé Ramón Pereiro - I have a Plan
Xosé Ramón Pereiro - I have a Plan
Mercedes Queixas - Aínda que non o pareza… temos un plan!
Radio Galega - Diario cultural
Xavier Senín - Apúntome a un bo plan
2014/08/30
2014/08/13
Oh capitán, meu capitán...
Onte morría Robin Williams, o actor, ademais do doutor Patch Adams, Armand o divertido pai do noivo, a coidadora Mrs. Doubtfire, o avogado Peter Pan, o profesor Gerald Lambeau, o soldado Adrian Cronauer, para moitas persoas da miña xeración será xa para sempre o querido e admirado profesor Keating.
Fai 25 anos, en novembro de 1989, estreábase El club de los poetas muertos, lembro que non había quen saíse do cine sen os ollos inchados.
Estaba en segundo de carreira cando vin por primeira vez o filme de Peter Weir, era un canto á pedagoxía da liberdade, á fascinación da paixón de ensinar a vivir, a permanecer. Ao longo deste cuarto de século non lembro xa en cantas ocasións tiven a oportunidade de ver de novo a película, pero en todas elas volvín a experimentar a mesma emoción pola profesión.
Grazas Sr. Williams!
2014/05/25
Cea de Graduación IES da Pobra do Caramiñal 2014
Cea graduación 2014 do alumnado de 2º de Bacharelato do IES da Pobra do Caramiñal o 23 de maio de 2014.
* Todos os dereitos reservados.
* Só teñen dereito á utilización de cada unha das imaxes as persoas que nela saen retratadas.
* Estas imaxes inclúen contido con menores de idade.
* Todos os dereitos reservados.
* Só teñen dereito á utilización de cada unha das imaxes as persoas que nela saen retratadas.
* Estas imaxes inclúen contido con menores de idade.
2014/05/16
Tecendo Galicia con Xosé María Díaz Castro
Outro gran de area no achegamento a Díaz Castro no que participamos Enrique Sánchez Rodríguez (educaBarrié), Patricia Galán Gómez (CEIP Ponte dos Brozos) e Pilar Ponte Patiño (IES da Pobra do Caramiñal). A fotografía correu a cargo de Ramón Vila Anca.
Actividades didácticas arredor dos vídeos do Portal das Palabras dirixidas a alumnado de primaria e secundaria.
2014/05/04
Educación con Google Glass - perfecta chuleta para profes
Imaxe vía Glassers. |
Despois de ler esta interesante reportaxe nun dos meus imprescindibles, Mallando no Android, non me podo resistir a facer unha minientrada neste blog sobre as enormes posibilidades educativas que lle vexo a este trebello dentro da aula e fóra dela tamén.
Imaxina...
- Movemento de cabeza, unha orde, pronuncias a palabra e xa podes acceder á súa entrada no dicionario mentres continúas explicando.
- Movemento de cabeza, unha orde, pronuncias a palabra e xa podes acceder a imaxes que a representan.
- Movemento de cabeza, unha orde, levas unha foto do encerado ao final da clase.
- Movemento de cabeza, unha orde, gravas as probas orais (poñéndoo previamente en coñecemento do alumnado), pero sen este sinta a presión provocada pola presenza dunha cámara de vídeo.
- Movemento de cabeza, unha orde, tes diante o guión da túa clase para hoxe para que non te esquezas de nada, é a perfecta chuleta para profes.
E todo isto coas mans libres e sen necesidade de conectar nin enfocar aparellos.
Si seino, quen correrá cos gastos de fisioterapia despois de tanto movemento de cabeza? :D
*Outro día falaremos de dereito á privacidade, normativas escolares, etc.
2014/04/10
2014/04/09
O Portal das Palabras: Toc, toc... pódese pasar?
Nas vindeiras semanas andaremos polo Portal das Palabras con educaBarrié.
Máis información na Axenda de Actividades de educaBarrié.
Etiquetas:
2014,
A PROFA,
conferencias,
cursos,
educabarrié,
Fundación Barrié,
Pilar Ponte,
Portal das Palabras
2014/04/02
Como cho digo ;-)
Pola visibilización do uso do galego nos medios de comunicación. Como cho digo ;-) www.comochodigo.eu
2014/03/03
2014/03/01
2014/01/23
O valego. As falas de orixe galega do val do Ellas (Cáceres - Estremadura)
O valego, lección de resistencia
PILAR
PONTE
A colección
Crónica de Xerais reservábanos como fin de festa para 2013 un
interesante ensaio sobre as falas de orixe galega en Estremadura. Un
estudo dialectolóxico? Si e non. A resposta será afirmativa en
canto o obxecto de estudo, mais tanto polo contido do volume como
polo seu obxectivo estamos perante unha obra que vai máis aló
resultando unha lectura interesante non só para sisudos filólogos
senón tamén para calquera persoa interesada en como a fala pode
sobrevivir durante séculos grazas á conciencia idiomática e de
comunidade diferenciada dos seus falantes.
O doutor
Xosé-Henrique Costas actualiza, reestrutura e revisa de xeito
conxunto os estudos realizados ao longo de dúas décadas de visitas
ao Val do Ellas engadindo ademais materiais inéditos. Para isto
achega a descrición da xeografía, onomástica, demografía e
economía do val formado polos “Tres Lugaris”, realiza unha
historia do galego nesta zona, desenvolve as hipóteses sobre o
mantemento no tempo desta fala, delimita as falas obxecto de estudo e
leva a cabo unha minuciosa descrición lingüística.
Resultan
especialmente atractivos desde o punto de vista sociolingüístico o
capítulo dedicado ao contexto lexislativo e político das linguas
minorizadas en España, o que estuda a Carta Europea das Linguas
Rexionais e Minoritarias, así como o que afonda na historia da
reivindicación destas falas.
Como o autor
recolle no epílogo, o que interesa é que o valego “se coñeza e
se recoñeza, que se ame”.
COSTAS
GONZÁLEZ, Xosé-Henrique: O
valego. As falas de orixe galega do val do Ellas (Cáceres –
Estremadura). Edicións Xerais de Galicia. Vigo, 2013. 278
páxinas.
Este texto foi publicado o xoves 9 de xaneiro de 2014 no suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo.
2014/01/20
Made in Galiza - 1ª semana
Arrincamos con Made in Galiza, para estudar esta obra imos utilizar a guía de lectura Lendo Made in Galiza.
- O compromiso de lectura é ter lido para o xoves 23 de febreiro ata a páxina 26 incluída, isto é, os cinco primeiros textos da obra.
- Do apartado Antes de leres o libro, realiza as actividades 4, 5, 6 e 7.
- Do texto Curtametraxe, realiza a actividade 80.
- [Actividade de carácter voluntario] Do texto Uf, realiza o podcast da actividade 225.
Practica a morfoloxía verbal
Velaquí tes unha serie de test para practicares a morfoloxía verbal por cortesía de Revolta da freixa.
Verbos galegos 1
Verbos galegos 2
Verbos galegos 3
Verbos galegos 4
Verbos galegos 5
Verbos galegos 6
Verbos galegos 7
Verbos galegos 8
Procedemento de uso:
1. Clica no link ao test.
2. Rexístrate na aplicación (só a primeira vez).
2. Realiza o test.
3. Cando o remates, clica en Enviar test, envía unha copia a pilarponteclases@gmail.com
Verbos galegos 1
Verbos galegos 2
Verbos galegos 3
Verbos galegos 4
Verbos galegos 5
Verbos galegos 6
Verbos galegos 7
Verbos galegos 8
Procedemento de uso:
1. Clica no link ao test.
2. Rexístrate na aplicación (só a primeira vez).
2. Realiza o test.
3. Cando o remates, clica en Enviar test, envía unha copia a pilarponteclases@gmail.com
2014/01/19
Ámote Leo A. - 2ª semana
Fotografía de Fashion, Glam and Life. |
LISBOA
- O compromiso de lectura é ter lido para esta segunda semana ata a páxina 45 incluída.
- Que leva Leo de Lisboa?
- Que autores e lecturas aparecen ata a páx. 45 na novela? Elixe algo que che guste de tres deles e tráeo á clase.
- Coñeces Lisboa? Resume a túa impresión sobre a cidade. En caso contrario, dános a túa impresión sobre calquera cidade que coñezas de xeito que poidamos vela a través dos teus ollos.
2014/01/17
Ámote Leo A. - Destino xalundes
LEO NON É BARBIE
Pilar Ponte
Prefiro espirme dende un comezo e
confesar a miña debilidade pola escrita de Rosa Aneiros. Foi por iso
para min un motivo de ledicia saber desta Ámote Leo A. Destino xalundes,
e todo un agasallo que fose a primeira entrega dunha triloxía que
continuará en xaneiro e xuño do vindeiro ano.
E comezas a ler e convérteste en Leo,
nunha universitaria antes de se incorporar ao mundo laboral dos adultos,
e visitarás lugares (Lisboa, Granada, Barcelona, Marrakech…), coñecerás
xente, pensarás que os cartos non che chegan, aprenderás dos demais, e,
sobre todo, aprenderás de ti.
Cáesme ben, Leo, e creo tamén que me
gustas tanto porque es ti e asemade a que quixeramos ser moitas de nós
que no seu momento non tivemos a afouteza que cumpría para afrontar unha
viaxe iniciática como a túa na que nos atopar antes de emprendermos
viaxes compartidas. Fascínasme porque me ensinas que Xalundes (agora xa
con maiúscula) agarda por nós. Viaxo contigo páxina a páxina porque tes
unha nai odiosamente protectora como todas as nais, porque es rabuda
coma ti soa e porque non te pareces en nada a unha Barbie colgada dun
Ken.
Mais Leo non viaxa soa, alguén lle deixa
mensaxes de amor nun cartel, nun muro, no chan… quen está a facer a
viaxe canda ela? quen lle declara o seu amor dende o anonimato? Si, a de
Valdoviño atrápanos na tea do seu suspense, e teñas a idade que teñas
desexarás ter rematado este curso a carreira.
Algúns xa estamos
preparados para a segunda (Estación de tránsito) e a terceira (Terminal
de… chegadas?) entregas, anímote a que emprendas o teu particular
Destino xalundes con Leo A.
Este texto foi publicado o xoves 12 de decembro de 2013 no suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo.
2014/01/14
Hoxe aparezo no Cuestionario Proust de Ramón Nicolás
Pois si, hoxe, 14 de xaneiro de 2014 protagonizo a entrega do Cuestionario Proust de Ramón Nicolás, o meme galego do momento.
2014/01/12
Ámote Leo A. - 1ª semana
Nesta primeira semana realizaredes o Mapa sentimental de Leo A. baseándovos na información aparecida nas páxs. 11-15. Neste texto de reflexión daredes conta de cal é a situación de Leo e que circunstancias a rodean en canto aos afectos.
Assinar:
Postagens (Atom)