Pois si, por que non dicilo, que ben presta que a unha lle boten flores!
E máis se veñen de alguén a quen admiras polo seu traballo como é o caso. Deixo aquí constancia das frases que Ramón Nicolás me dedica no seu blog.
Porque hai palabras que convén gardar.
Grazas, Moncho.
Mostrando postagens com marcador agasallos. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador agasallos. Mostrar todas as postagens
2013/10/12
2013/08/31
Para que conste
Que todo o mundo o saiba :D
@aprofa se aprobo contrato a Panorama para que che vaia tocar á casa :D
— Anxo Pérez (@Anxo_Perez) August 31, 2013
2011/10/23
Un agasallo sorpresa
Na tarde de teimosa chuvia ribeirense recibo este agasallo de Luz Beloso baseado na miña icona e nunha fotografía de Xoán Arco da Vella.
2010/05/20
Vale a pena ficar de olho nesse blog!
Non son nada modesta, quen me coñece, sábeo, e téñovos que dicir que estou moi orgullosa de que dous dos blogs que teño de referencia na rede decidisen outorgarme o agasallo do selo Vale a pena ficar de olho nesse blog!
Grazas a O Segrel do Penedo (blog da biblioteca do IES de Fene) e a Remexer Na Lingua (blog de Xano Cebreiro) por ter elixido A profa cando hai tan bos blogs por aí adiante.
Como merecedora do agasallo, cumpro cos requisitos para tal merecimento:
- Incrustar a imaxe do selo con ligazón ao que outorgou o premio. (Neste caso, ao se tratar de dúas páxinas diferentes, ligueinas embaixo do selo)
- Ligar dez blogues máis que, segundo o meu criterio, valen a pena.
- Ligar dez blogues máis que, segundo o meu criterio, valen a pena.
Partindo de que non se lle pode devolver o premio a quen cho concedeu, aí vai a miña escolla dos meus imprescindibles por orde alfabética:
- Brétemas - Porque o de Manuel Bragado é moi cómodo como axenda de actualidade.
- Caderno de lingua - Porque o de Román Landín é un dos mellores blogs de lingua e literatura galegas.
- A canción do náufrago - Polas reflexións coetáneas de Francisco Castro.
- Capítulo Cero - Porque o de Manuel Gago é o blog do que me encantaría ser autora.
- Ies Ou Non Ies - Por aquilo da endogamia de nos mirar o embigo docente e polos outros contidos que, se cadra, aínda o fan máis interesante.
- Leandro Lamas - Porque me gustan todos os seus cadros, porque velos é sorrirlle á vida.
- Prolingua - Porque neste blog se poden atopar algunhas das máis atinadas reflexións na rede sobre a situación lingüística.
- Son de poetas - Porque me gustan os blogs especializados, e máis en concreto este de Xoán Díaz, pola súa forma de ir recompilando moi de vagar esas xoias de mestura entre música e literatura.
- Tati Mancebo - Porque me gusta coñecer o futuro.
- Trafegando ronseis - Por moitos motivos pero sobre todo polos seus recursos de publicidade.
*Engado entre os imprescindibles tres Planetakis que por non ser bitácoras individuais non poden recibir o agasallo pero que ben que o merecen:
________
Xa que vai de agradecementos hoxe, quero aproveitar para saudarvos aos que seguides este blog que non é outra cousa que unha forma de ter organizada información que doutro xeito iría perdendo nos cartafoles do ordenador e, o que creo que é máis importante, compartíndoa.
Grazas tamén a tod@s @s que me estades enviando materiais sobre lectura (guías de lectura, etc.).
Anímovos a que compartades esas producións que facedes para a vosa aula, ou na biblioteca, ou no ENDL do voso instituto e que só quedan para vós. É importante que as exportedes, que crucen a fronteira do particular ao público para que todos aforremos tempo e esforzos, que non están as cousas para estar malgastando forzas en cousas xa feitas por outros. Ademais, compartir é unha forma de atopar persoas cos nosos mesmos intereses e liñas de traballo, dígovolo por experiencia.
E, coma sempre, aquí estamos para o que precisedes.
Saúdos.
Assinar:
Postagens (Atom)


