2009/03/30

Publicidade en galego 01

A continuación tes enlaces a diferentes anuncios televisivos en lingua galega colgados en YouTube, clica nos nomes para poder velos:

A badalada do ano (Eroski)

Alza a túa man contra o castigo corporal (Ministerio de Educación)

Comercio galego (Consellería de Innovación e Industria)

Dicionario Xerais da Lingua (Editorial Xerais)

En galego tes todo por dicir (Política Lingüística)

En galego tes todo por vivir (Política Lingüística)

Galicia, destino atlántico (Consellería de Innovación e Industria)

Galicia segue sendo única (Consellería de Innovación e Industria)

Galicia, si, é única (Consellería de Innovación e Industria)

Froitos Secos La Reigosa

Os libros arden mal (Editorial Xerais)

Palabras encadeadas (Secretaría Xeral de Política Lingüística, 2008)

Plan galego de lectura (Consellería de Cultura)

Vivamos como galegos! (Gadis)

Vivamos como galegos, Nadal (Gadis)

Vivamos como galegos en New York (Gadis)

2009/03/26

Chocolata

Imos ver como andas de lectura rápida e se dominas a técnica do karaoke. Intenta ver o seguinte vídeo seguindo a canción coa túa lectura en voz alta, podes cantaruxar para que che sexa máis cómodo.



Este vídeo está baseado no libro
Chocolata da escritora Marisa Núñez, que levou un premio internacional de literatura infantil e xa está traducido do galego a sete idiomas para que os lectores doutras linguas tamén poidan gozar del.


Agora intenta resumir sen cantar a historia de Chocolata.

2009/03/20

Como se fai un anuncio publicitario

Primeiro observade este anuncio:



Agora ide á páxina da campaña Palabras Encadeadas da Dirección Xeral de Política Lingüística e observade con atención o Making Off de como se fixo.


Logo entre o alumnado de toda a clase facede unha listaxe no encerado das diferentes fases de elaboración do anuncio e das persoas que fan falta para realizalo.

2009/03/12

Patrimonio Cultural Galego

A Consellaría de Cultura e Deporte vén de poñer en marcha Patrimonio.org, a plataforma en Internet da Dirección Xeral de Patrimonio que reúne os recursos na Rede sobre patrimonio cultural galego. A web conta con información práctica e de actualidade, fotos, vídeos, lexislación, rutas e un buscador de elementos patrimoniais.

A web nace coas fichas de 122 dos máis destacados elementos do patrimonio cultural galego. Castelos, pazos, pontes, igrexas, mosteiros, patrimonio etnográfico, castros, gravados rupestres, megálitos, patrimonio industrial, museos, arquivos e demais elementos do patrimonio forman parte desta base de datos de bens patrimoniais.

Cada ficha incorpora unha descrición do ben, con información sobre os seus valores históricos e artísticos, fotografías, o grao de protección do ben e outros datos de interese. Achégase ademais información práctica sobre a súa localización a través das coordenadas e da súa posición nun mapa. As fichas de bens patrimoniais están en continua actualización, polo que a diario iranse incorporando novos elementos patrimoniais á web. Desde Patrimonio.org pódense enviar por Internet como postais as imaxes dos elementos patrimoniais presentes nas fichas.

Para facilitar a busca dos elementos do noso patrimonio cultural, a web incorpora un buscador que permite localizalos atendendo a criterios diversos: área xeográfica, comarca e concello no que se atopan, tipo de ben, datación, estilo ou grao de protección.

A web reserva un espazo para rutas culturais. Trátase de propostas de percorridos por varias comarcas galegas para coñecer os seus elementos patrimoniais máis destacados. As rutas están pensadas para ser descargadas como PDF e acompañar aos viaxeiros, ademais de poder descargar a ruta en formato GPS.

Actualidade e información práctica

Ademais das fichas dos xacementos, museos, arquivos e monumentos, Patrimonio.org constitúese como centro de recursos na Rede para achegarse á actualidade e acceder a información práctica sobre o patrimonio cultural de Galiza. A web incorpora as últimas novas da Dirección Xeral, así como unha axenda de actividades, e os avisos e convocatorias (premios, subvencións, etc.) relacionadas co patrimonio cultural.

A web conta cun apartado dedicado ao marco normativo, no que se pode descargar a lexislación galega do patrimonio cultural. Pódense descargar tamén publicacións da Consellaría de Cultura e vídeos sobre o patrimonio. Outro apartado está dirixido aos escolares, con información sobre patrimonio deseñada para público infantil, xunto con unidades didácticas pensadas para os diferentes niveis educativos.

Estiven botándolle unha ollada e segundo vaian engadindo máis fichas creo que vai acabar por ser unha desas páxinas que sempre están á man.

2009/03/04

Entroido 2009 - IES Lauro Olmo


*Se alguén considerase non respectados os seus dereitos de imaxe por aparecer nesta presentación que se poña en contacto comigo a través do enderezo de contacto e a súa imaxe será retirada.