A escola das areas é unha animación en plastilina realizada por Virginia Curiá e Tomás Conde baseada nun texto de Frei Martín Sarmiento. A obra é moi didáctica e exemplifica as teorías de Sarmiento sobre o ensino en lingua galega. Resulta especialmente divertida a lingua do mestre, un castelán cheo de galeguismos de todo tipo.
Argumento: Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a varíola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo.