2019/03/05
2016/04/30
Onte naceu un crítico literario, chámase Adrián Boquete
E chegou o venres, tiña unha cita ilusionante, convidada
pola asociación cultural deportiva Troula de Oroso ía participar nunha dobre
presentación dos libros de Héctor Cajaraville Quen dá a quenda? e De remate publicados por Xerais,
si, é tan prolífico o Héctor que lle hai que facer as presentacións dos libros
xa de dous en dous!
Por certo, tiñades que ver que marabilla de escenario,
tíñano todo preciosísimo, había unha portada xigante do libro De remate, e logo unha mesa á que non
lle faltaba de nada, tiña os típicos botellos de plástico de auga cos vasos de
calquera presentación pero logo había o “kit para a presentación perfecta”
fágovos unha listaxe ordenada de todo o que traía para que vos fagades a idea:
1. un sombreiro modelo De remate para sentirte o
protagonista da historia
2. un mantel de cadros vichí de cores que son os mellores cadros para toda merenda que se teña por tal
3. unha cafeteira con café por se alguén quedaba
durmido de aburrimento
4. pan de molde e nocilla para untar e facer
máis nutritiva a experiencia
5. un teléfono por se era necesario realizarlle algunha chamada urxente á meiga Divina para que nos solucionase calquera
problemiña.
Como vedes, non faltaba de nada!
Sabía que ían intervir canda min Diego Boquete, que
presentaría o acto, e Adrián Boquete do que nunca oíra falar. O caso é que chego
á Casa da Cultura e preséntanme ao tal Adrián. Velaquí o tedes:
Non é que eu non coñeza nenos, nin que me aterroricen nin nada semellante pero téñolles moitísimo respecto aos nenos que len porque para min son os mellores críticos do mundo e ademais alí había moitas nenas e nenos.
Non é que eu non coñeza nenos, nin que me aterroricen nin nada semellante pero téñolles moitísimo respecto aos nenos que len porque para min son os mellores críticos do mundo e ademais alí había moitas nenas e nenos.
O caso é que comeza o acto e danlle paso a Adrián, e fíxoo
tan ben, tan ben que case non me deixou cousa importante por dicir de Quen dá a
quenda? Pero o mellor será que o vexades cos vosos propios ollos. Velaquí o
vídeo da súa intervención:
Quedei abraiada porque Adrián escolleu xusto aquelas historias que son tamén as que máis me gustan a min do libro. Afortunadamente logo tiven a oportunidade de seguir a falar con el de libros e outras cousas e pareceume un rapaz ben interesante de coñecer. Habedes ter máis noticias del en breve, pero non vos quero adiantar acontecementos, prefiro que quededes coa intriga. Mentres déixovos unha foto que fixemos Adri e mais eu coa súperportada do libro De remate.
Onte, 29 de abril de 2016, foi unha data importante porque
onte naceu un crítico literario, chámase Adrián Boquete, non lle perdades a
pista, eu non o vou facer.
2016/04/01
Literatura Medieval - Introdución
1. Visiona o seguinte capítulo titulado Lingua de reis. Lingua do pobo e realiza un esquema das ideas principais expostas no vídeo.
2. Agora poderemos ver unha síntese da literatura trobadoresca grazas á aula do profesor brasileiro Ibirá Costa de AuladE.com.br, un proxecto educativo de carácter social desenvolvido profesorado co obxectivo de democratizar o coñecemento a través de aulas expositivas distribuídas de balde nas redes sociais.
3. Por último, nesta animación interactiva do Fitzwilliam Museum da Universidade de Cambridge poderemos ver as fases de elaboración dun manuscrito medieval. Este recurso baséase nunha páxina dun antigo libro do séc. XIV realizado para un bispo francés e que se coñece como o Pontifical de Metz.
Vía Caderno de Lingua.
2. Agora poderemos ver unha síntese da literatura trobadoresca grazas á aula do profesor brasileiro Ibirá Costa de AuladE.com.br, un proxecto educativo de carácter social desenvolvido profesorado co obxectivo de democratizar o coñecemento a través de aulas expositivas distribuídas de balde nas redes sociais.
3. Por último, nesta animación interactiva do Fitzwilliam Museum da Universidade de Cambridge poderemos ver as fases de elaboración dun manuscrito medieval. Este recurso baséase nunha páxina dun antigo libro do séc. XIV realizado para un bispo francés e que se coñece como o Pontifical de Metz.
Vía Caderno de Lingua.
2016/03/06
Narrativa Audiovisual, ANIMACIÓN de Luz Veloso. Para min e para ti (5)
Narrativa Audiovisual , ANIMACIÓN from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Lección de Animación de Luz Beloso válida tamén para os que non sabemos de animación pero nos encantaría saber.
Lección de Animación de Luz Beloso válida tamén para os que non sabemos de animación pero nos encantaría saber.
2016/03/04
2016/03/02
Antropónimos galegos
A ANTROPONIMIA EN GALEGO
A antroponimia é a rama da lingüística que se ocupa
dos nomes propios e apelidos das persoas, como parte da onomástica
que é a división que estuda os nomes propios en xeral.
1. Orixe dos antropónimos galegos
Podemos sinalar as seguintes fontes para os antropónimos
galegos na época de formación das linguas románicas:
a) O patrimonio romano, que engloba nomes persoais de
orixe latina (Mariña), grega (Uxía) e hebrea (María).
b) O legado xermano (gótico e suevo) con formas
latinizadas (Miro, Ilduara).
c) O patrimonio hispánico, fundamentalmente nomes
vascos (Vasco, Urraca).
Por esa altura, fronte ao costume romano dos tria
nomina, usábase un único nome para cada individuo.
A partir do século IX comeza a aparecer un segundo nome
que logo dará orixe ao que hoxe coñecemos como apelido. Confluíron
un aumento demográfico e a repetición de nomes por moda, isto fixo
necesario botar man doutros procedementos para identificar con
claridade a cada persoa:
a) Utilizar o nome do pai, apelidos patronímicos
(Álvarez, Vidal)
b) Sinalar o seu oficio ou profesión (Bispo, Freire,
Porteiro)
c) Indicar a súa orixe xeográfica, na maioría dos
casos o topónimo vai precedido da preposición “de”, o que
demostra que os apelidos actuais con tal preposición non indican de
por si a pertenza a unha liñaxe nobiliaria (Arousa, Insua). Noutros
casos a orixe está no santo protector da freguesía de orixe do
individuo (Sampaio, Sanxurxo) ou no xentilicio (Franco, Galego).
d) Valerse dun alcume que pode facer referencia a unha
cualidade física (Calvo, Gago) ou moral (Alegre, Leal), a unha
comparación con animais (Abella, Solla), a plantas e froitos
(Carballo) ou a obxectos (Fariña, Agulla).
e) Apelidos estranxeiros traídos por inmigrantes
(Castillo, Padilla).
Segundo avanzou a Idade Media, os nomes propios con
procedencia na área grecorromana foron aumentando fronte aos
xermánicos, maioritarios no período altomedieval.
3. Formación e evolución dos nomes persoais medievais
Paralelamente houbo unha escolla dos nomes persoais
tamén denominados nomes propios, de pía ou de bautismo. As
características esenciais que mostran son as seguintes:
a) Uso dun único nome persoal ao longo de todo o
período.
b) Paso do predominio da onomástica xermánica no
período altomedieval, a unha igualdade entre esa tradición e a
tradición latino-cristiá. Os nomes máis usados eran Constanza,
Inés, Tareixa, Elvira e Aldara para as mulleres, e Xoán, Afonso e
Pedro para os homes.
c) Os nomes sufriron as mesmas evolucións fonéticas
que o resto do idioma.
d) Non se diferencia entre nome formal e hipocorístico.
4. Evolución da onomástica galega na Idade Moderna
O corpus básico da antroponimia galega fora fixado na
Idade Media, de xeito que durante a Idade Moderna, os apelidos novos
son poucos (fundamentalmente de topónimos). Cos nomes propios
ocorrerá outra cousa: os antigos nomes medievais castelanizáronse e
o influxo da Igrexa Católica se deixou sentir co espallamento de
novas devocións (os anxos custodios, a sagrada familia, novas ordes
relixiosas como os xesuítas ou os dominicos, novos santos).
Ao converterse o castelán no idioma da Corte e
asentarse un proceso paralelo de centralización administrativa
(incipiente no século XIV, forte coa uniformización lingüística
dos Reis Católicos, e continuísta cos Austrias e Borbóns), vanse
dando unha serie de pasos tendentes a prohibicións parciais dos
restantes idiomas peninsulares, de maneira que se produciron intentos
de castelanizar tanto a toponimia como a antroponimia no territorio
galego.
Este proceso, que é observable desde antes do XV,
xeneralízase a partir do XVI, estas transformacións fóronse
efectuando en boa medida por decisión dun escribán ou un crego, con
poder para asentar un nome por escrito.
- Máis apelidos foráneos
- Prodúcese a aparición de máis apelidos foráneos, pódense citar varios focos de atracción que provocaron a chegada de xentes de fóra da Galiza:
- a) A demanda dos centros artísticos: catedrais, mosteiros, nobreza etc, en boa medida impulsadas pola reformas eclesiásticas e o auxe da fidalguía (Isla).
- b) A reforma emprendida polos Reis Católicos puxo a dirección dos conventos en mans de foráneos, que viñan con frecuencia acompañados de paniaguados e familiares (Valladolid).
- c) Para reimpulsar as ferrarías e minas desde o XII aparecen numerosos vascos, especialmente na zona oriental galega (Bizcaíno).
- d) Para o XVIII, con continuación no XIX, débese destacar a chegada de cataláns (ás veces son valencianos e mallorquíns) ao litoral, en relación coa súa expansión pesqueira. Asentados nas rías, os seus apelidos ficarán entre nós (Colomer).
- e) De europeos (Barrié, Marchesi, Tettamancy).
5. Antroponimia hoxe
Na actualidade, ao proceso castelanizador principiado na
etapa anterior, súmanselle outras correntes:
Dunha banda, o proceso de globalización iniciado no
século XX e xeneralizado nos comezos do XXI que achega nomes
estranxeiros a través de protagonistas de series de televisión,
cantantes, etc.
Doutra banda, unha corrente de recuperación consciente
de nomes galegos (Uxía, Aldara, Nuno, Paio).
Dende o inicio da aplicación dunha política
lingüística de normalización por parte do goberno e do tecido
social galego na actual etapa autonómica, a antroponimia, como un
dos principais signos de identidade, ten sido obxecto de diversas
campañas de sensibilización tanto para a recuperación dos nomes
galegos nos acabados de nacer como para a regaleguización de nomes e
apelidos de persoas adultas.
6. Recursos de antropónimos galegos na rede
Caixa de apelidos (A Mesa)Caixa de nomes (A Mesa)
Cartografía dos apelidos de Galicia
Chámate con xeito (campaña da UVI)
Distribución xeográfica dun apelido na páxina do IGE
Distribución xeográfica dun nome na páxina do IGE
Nomes de neno e nena (Xeración dos Axóuxeres da DXPL)
Nomes galegos (de Fillos de Galicia)
______
Fonte principal para esta entrada: "Antroponimia" na Wikipedia.
2016/02/20
Mapa mental - Clases de palabras
![]() |
| Preme na foto para agrandar. |
Etiquetas:
1º BACHARELATO,
A PROFA,
clases de palabras,
gramática,
lingua,
mapa conceptual,
mapa mental,
morfoloxía,
semántica
2016/01/24
#21diascogalego en código. Para min e para ti (4)
Lendo unha entrada moi interesante de Xogos de Lingua de Carlos Medrano descubrín O código dos bailaríns.
- Se visitas Xogos de lingua poderás continuar con esta actividade.
- Que é o código dos bailaríns?
- Con que obra literaria se relaciona? De que autor da literatura universal? Cales son as obras máis coñecidas dese autor?
- Cal é a cita de Castelao que se agacha na publicación de Carlos Medrano?
Velaquí tes o Código dos bailaríns.
E aquí unha mensaxe secreta:
- Descubre a mensaxe oculta e gaña positivazos!
- Se che apetece seguir xogando, inventa unha mensaxe positiva para o galego e cífraa co código dos bailaríns. Pódeste axudar deste xerador automático. Captura a imaxe e publícaa no teu Twitter co cancelo #21diascogalego.
2016/01/14
A empadroarse no #blogomillo
A empadroarse no #blogomillo. Se o teu blog aínda non está na nova listaxe do blogomillo non agardes máis.
Etiquetas:
blogomillo,
colaborando,
creación colectiva,
creando comunidade,
formulario
2016/01/08
Os propósitos de Aninovo
Tes propósitos de Aninovo?
Esta TED do enxeñeiro de software Matt Cutts fala de como conseguir novos hábitos en 30 días. Este relatorio quizais che sirva de axuda non só agora, senón en calquera altura do ano porque sempre é un bo momento para emprender novas aventuras persoais.
Cando comeza o ano, ou un novo curso, moitas persoas teñen o costume de realizar propósitos que logo unha importante porcentaxe da poboación non leva a cabo. En moitas ocasións o que falla é que asumimos propósitos que non son adecuados.
Esta TED do enxeñeiro de software Matt Cutts fala de como conseguir novos hábitos en 30 días. Este relatorio quizais che sirva de axuda non só agora, senón en calquera altura do ano porque sempre é un bo momento para emprender novas aventuras persoais.
Cando comeza o ano, ou un novo curso, moitas persoas teñen o costume de realizar propósitos que logo unha importante porcentaxe da poboación non leva a cabo. En moitas ocasións o que falla é que asumimos propósitos que non son adecuados.
O orador (speaker) e instrutor (trainer) internacional RubénTurienzo indica unha serie de características que deben reunir os nosos
propósitos para ser correctos para nós. É o denominado código MARTE segundo o
cal, un bo propósito debe ser:
M – Medible (Debe poder cuantificarse en que
medida te vas achegando achegando á meta)
A – Alcanzable (Adaptado ás túas capacidades,
habilidades e contexto actual)
R – Retador (Supón un reto para ti e te fai
mellor)
T – Temporal (Podes establecer un tempo
concreto para a súa consecución ou para o seu desenvolvemento en caso de que se
trate dun reto que requira algún tipo de adestramento)
E – Específico (Ten un obxectivo concreto
facilmente definible)
E o teu propósito cumpre o código MARTE?
Fontes:
Lázaro, M. (2013, decembro). Los ocho errores de la lista de propósitos de 2014. El Huffington Post. Recuperado de: http://www.huffingtonpost.es/2013/12/31/propositos-ano-2014_n_4523854.html
Solano, F. (2014, xuño). Rubén Turienzo Conferencista español nos habla del código Marte. Radio Caracol. Recuperado de: http://caracol.com.co/programa/2014/06/16/audios/1402928160_277539.html
Fontes:
Lázaro, M. (2013, decembro). Los ocho errores de la lista de propósitos de 2014. El Huffington Post. Recuperado de: http://www.huffingtonpost.es/2013/12/31/propositos-ano-2014_n_4523854.html
Solano, F. (2014, xuño). Rubén Turienzo Conferencista español nos habla del código Marte. Radio Caracol. Recuperado de: http://caracol.com.co/programa/2014/06/16/audios/1402928160_277539.html
Etiquetas:
2016,
desenvolvemento persoal,
falar,
falar ben,
Matt Cutts,
pensar,
Rubén Turienzo,
TED
2015/11/18
A Profa cumpre 8 anos
Hoxe A profa está de aniversario.
Nacía este blog en 2007 coa intención de tender fíos de camiños coincidentes e aí seguimos no que se ten convertido nunha experiencia sorprendentemente positiva para min.
2015/11/15
2015/11/09
2015/11/02
Linguas e acentos dende Caderno de Lingua. Para min e para ti (3)
3. Linguas e acentos dende Caderno de Lingua
Román Landín tráenos un texto xornalístico de Ángel Carracedo para traballar diferentes contidos do ámbito da sociolingüística.
Para (indicacións de Román Landín):
Porque se traballamos todos, traballamos menos e, xa que o fago, fareino Para min e para ti.
Román Landín tráenos un texto xornalístico de Ángel Carracedo para traballar diferentes contidos do ámbito da sociolingüística.
Para (indicacións de Román Landín):
- Interferencias lingüísticas.
- Linguas en contacto.
- Prexuízos linguísticos.
- Autoestima lingüística.
Porque se traballamos todos, traballamos menos e, xa que o fago, fareino Para min e para ti.
2015/10/11
«De remate». «En memoria de Bieito Sanmarful» (booktrailer)
Nunca un booktrailer me deixara tan impresionada. Chega dende Brétemas este pequeno documental, non me atrevo a cualificalo de propagandístico, da novela gañadora do Premio Xerais deste ano, De remate, de Héctor Cajaraville. Parabéns a estes non actores que nos conquistan para a lectura sen que poidamos ofrecer a menor resistencia. Sinxelamente marabilloso!
Etiquetas:
2015,
booktrailer,
Brétemas,
De remate,
Héctor Cajaraville,
LIBROS,
Premios Xerais
Javier Gómez Noya dende A lingua de Alcaián. Para min e para ti (2)
2. JAVIER GÓMEZ NOYA E A LINGUA dende A lingua de Alcaián
Mercedes Queixas tráenos unha entrada sobre o deportista Javier Gómez Noya e a lingua.
Para:
Mercedes Queixas tráenos unha entrada sobre o deportista Javier Gómez Noya e a lingua.
Para:
- Entrevista
- Discurso oral planificado
- Sociolingüística
Casas alfabéticas dende Xogos de lingua. Para min e para ti (1)
Con esta entrada inicio unha sección na que penso recoller materiais interesantes publicados por outras persoas que considero aproveitables para as aulas. A estrutura vai ser moi sinxela, referencia e breve exposición de posibilidades didácticas. Porque se traballamos todos, traballamos menos e, xa que o fago, fareino Para min e para ti.
1. Fascinantes casas alfabéticas dende Xogos de lingua
Carlos Medrano tráenos divertidas casas alfabéticas de Florian Schommer.
Para:
1. Fascinantes casas alfabéticas dende Xogos de lingua
Carlos Medrano tráenos divertidas casas alfabéticas de Florian Schommer.
Para:
- Observación polo miúdo.
- Descrición.
- Escribir a partir dunha imaxe.
Assinar:
Postagens (Atom)























