2011/02/26

Sensación de ridículo

Imaxe de aquí.

O xoves estiven co alumnado do curso Internet na área de lingua galega organizado polo CFR da Coruña, a tarde foi intensa e a min pasoume moi rápido, espero que ao alumnado tamén.
Despois de lles ensinar varias aplicacións de Google, el@s ensináronme a min onde estaba a papeleira de Gmail. Glups!

O vindeiro xoves a ver que aprendo :)

Moitas grazas polo subidón!

Xoaniña roubada do blog da Escola Infantil de San Roque (Compostela)

A entrada "Hablaba en gallego, qué bajón!", dedicada ás declaracións de Marta de GH, provocou numerosos comentarios, quero agradecer todos eles aínda que nalgúns non comparta as formas, así como tamén as felicitacións recibidas de xeito privado e, sobre todo, a utilización que moitos e moitas de vós fixestes dese minimaterial nas vosas aulas.
Aproveito tamén para ofrecervos este blog como plataforma onde lle facer publicidade ás vosas iniciativas e publicacións, sempre serán ben acollidas.
Grazas a tod@s.

2011/02/13

Hablaba en gallego, qué bajón!!!


Velaquí temos un material didáctico de primeira orde para traballar na aula os prexuízos, fundamentalmente lingüísticos, que non tan só, a través da análise das perlas que saen pola boca desta concursante da XII edición de GH.

Suxestións de actividades:
- Recompila os diferentes prexuízos que expresa a concursante ao longo das súas intervencións.
- Compartes algún ou algúns destes prexuízos?
- Por que cres que ao ler un texto en galego di que o vai traducindo?
- A situación escolar que describe cres que respecta a legalidade escolar en canto ao tratamento de linguas en Galicia no ensino nos últimos anos?
- Analiza as reaccións da súa interlocutora.
- Atopamos algún tipo de prexuízo na interlocutora?
- A visión que dá a protagonista da situación lingüística da mocidade galega cres que responde á realidade?
- Cal é a conclusión final da protagonista? 
- Consideras coherente a conclusión á que chega co seu discurso anterior? Xustifica a túa resposta.
- Cambiou a imaxe previa que tiñas desta concursante de GH despois de ver o vídeo? En que sentido? Xustifica a túa resposta.
- Cres que poderíamos atopar este tipo de intervencións en concursantes procedentes doutras comunidades autónomas? Por que?
- Como galega ou galego, que sentes despois de ver este vídeo?

2011/02/09

Mundo Lois

Poderémolo ver axiña, de momento, un adianto.

Mundo Lois from Mundo Lois on Vimeo.