2011/04/13
2011/04/11
Carta aberta ao Presidente da Xunta de Galicia, envíalla ti tamén
Sr. Presidente da Xunta de Galicia
SANTIAGO DE COMPOSTELA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Señor Presidente:
Os asinantes, compoñentes da Cerna de ProLingua e en representación dos máis de dous mil membros desta plataforma apartidaria e plural, integrada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión, mais especialmente como galegas e galegos que desexan preservar para as xeracións futuras a nosa milenaria lingua propia, e preocupados polas declaracións que determinados candidatos das próximas eleccións municipais e sinalados dirixentes do Partido Popular de Galicia fixeron, dirixímonos a vostede para lle expoñer as nosas inquietudes sobre dunha hipotética, pero non descartada, reforma da actual Lei de Normalización Lingüística (Lei 3/1983) no sentido de diminuír as esixencias que a citada lei contén no sentido da protección da lingua galega. De se producir tal feito, e de sufrir a nosa lingua un novo decaemento da súa situación legal, queremos lembrarlle que iso significaría
a) Que o Partido Popular de Galicia rompería de forma unilateral o consenso acadado para a promulgación da LNL en 1983.
b) Un abuso de poder dada a escasa lexitimidade democrática que se contén no feito de modificar por maioría simple o que se adoptou por unanimidade.
c) Unha actuación contraria ao espírito da Constitución Española (Art. 3.3), do Estatuto de Autonomía de Galicia (Art. 5.3) e da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (BOE, nº 222 do 15/9/2001), que instan, todos eles, á defensa e promoción da lingua propia de Galicia.
d) Unha constatación pública e evidente da actitude de belixerancia contra o galego que mantén o partido que sostén o goberno de Galicia.
Por todo isto, rogámoslle a vostede que, consonte coa oferta de pacto pola lingua que manifestou no Courel o Día das Letras Galegas do pasado ano, se comprometa publicamente a non promover nin acometer ningunha reforma da LNL que non se produza co mesmo consenso e unanimidade con que a Lei 3/1983 foi aprobada no seu día.
Galicia, 9 de abril de 2011
Se desexas apoiar esta iniciativa, asina a petición online co teu nome e apelidos e un enderezo de correo electrónico válido.
2011/03/27
Galiza co Galego
[Copio e espallo o correo recibido.]
O Movemento de Galiza co Galego, ten unha Comisión Promotora que está a levar o traballo da posta en práctica da creación dunha Rede Popular de Ensino en galego, que queren plasmar na etapa infantil inicial (0-3).
A Comisión conforme os seus estatutos ten que disolverse o 17 de Maio.
Se o Movemento de Galiza co Galego en prol dunha Rede Popular de Ensino non alcanza os 3.000 terá que pararse.
De pasar esta situación, é de que o desánimo faga presa nas persoas da Comisión (con gran traballo e desgaste persoal) pode ter consecuencias moi negativas que fagan fracasar a iniciativa popular en defensa e garantía do dereito fundamental (en especial a infancia) a educarse na nosa lingua.
Para que a Comisión Promotora poida dar continuidade ao Movemento de Galiza co Galego como Asociación é imprescindíbel ter antes do 17 de Maio os 3.000 apoios precisos.
Actualmente contan con 2435 apoios, con 20 apoios diarios conseguirían os 3.000 necesarios.
Tod@s poden axudar tan só hai que ler e apoiar en http://limiargalego.blogspot.com/p/ano-2011-do-ensino-en-galego-apoian-as.html. Apúntate, espalla...reenvía este correo ao menos a 20 dos teus amig@s.

2011/03/17
Lipdub do IES Fontem Albei da Fonsagrada
Vía Cabrafanada atopo este lipdub do IES Fontem Albei da Fonsagrada, unha forma lúdica e moi orixinal de levar a cabo a formación de usuarios da biblioteca escolar.
Alegreime moito de ter a oportunidade de volver a ver o instituto, fíxome moita ilusión pois foi aí onde realicei a miña primeira substitución, 11 días onde o pasei xenial, alá na prehistoria dos tempos.
Assinar:
Postagens (Atom)