2015/07/21
2015/07/05
Que 8 libros galegos cres que hai que ler antes de morrer?
Despois de ler a magnífica Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega coordinada por Blanca-Ana Roig Rechou preguntábame como elixir uns poucos títulos ao ano entre tanta produción. Acordeime dun post de febreiro de 2007 no que Francisco Castro lle preguntaba ao público do seu blog que 8 libros galegos crían que había que ler antes de morrer, en menos dun mes publicaba unha listaxe de cinco obras saída desa votación.
Máis de oito anos despois, gustaríame que me axudases a escoller.
Que 8 libros galegos cres que hai que ler antes de morrer?
2015/05/18
2015/05/17
Vivir, unha aventura irrepetíbel - María do Carme Kruckenberg (1926-2015)
Onte finaba en Vigo, a mesma cidade que a vira nacer, María do Carme Kruckenberg Sanjurjo.
Só tiven ocasión de vela cando Mercedes Queixas presentou en Vigo Vivir, unha aventura irrepetíbel coa presenza da autora na Casa Galega da Cultura o 5 de abril de 2011. Unha obra singular e excepcional que logo había gañar o Premio de Ensaio 2012 da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Dende aquela tiña esta débeda.
Aquí a carta-homenaxe de Mercedes Queixas á amizade entre as dúas escritoras.
Só tiven ocasión de vela cando Mercedes Queixas presentou en Vigo Vivir, unha aventura irrepetíbel coa presenza da autora na Casa Galega da Cultura o 5 de abril de 2011. Unha obra singular e excepcional que logo había gañar o Premio de Ensaio 2012 da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Dende aquela tiña esta débeda.
Aquí a carta-homenaxe de Mercedes Queixas á amizade entre as dúas escritoras.
2015/04/02
Día Internacional do Libro Infantil 2015
Talvez HOXE poderías recomendarlle un LIBRO,
e/ou agasallar cun libro,
e/ou lerlle un libro
e que a túa voz
faga MAXIA.
Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor
danés Hans Christian Andersen, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración do Día
Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros
infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Todos os anos unha Sección Nacional é a encargada de elaborar unha
mensaxe para todos os nenos e nenas do mundo. En 2015 esta mensaxe chéganos dos Emiratos Árabes Unidos, da man da escritora
emiratí Marwa Al Aqroubi e a ilustradora Nasism Abaeian.
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."
Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.
Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.
Assinar:
Postagens (Atom)


