2008/11/26

Rosa Piquín ou a paixón de ensinar

Rosa Piquín nun curso do Barco de Valdeorras en novembro de 2008.
Dúas xornadas dun curso nas que se fala de proxectos documentais integrados non abondan para coñecer a ninguén mais si nos permiten albiscar o tipo de profesional que temos perante nós. Rosa, á que só coñecía de referencias, é da clase de educadores que animan a traballar e unha amante da lectura sincera. Cóntanse os relatores que comezan as súas intervencións lendo e presentando libros, ela fíxoo nas dúas ocasións, desde logo unha actitude bastante reveladora da súa forma de entender a docencia.

Nenhum comentário: