Otero Pedrayo ten unha obra que se titula O libro dos amigos publicada en 1952, dise del que esa obra constitúe ademais dun retrato dos amigos do autor, tamén a propia autobiografía de Otero. Sempre me marabillou ese título, creo que para poder facer un libro que se titule así un ten que ser por forza boa persoa. Os que queremos onda nós defínennos e fan tamén de nós mellores ou peores persoas.
Desde logo, eu estou moi lonxe de Otero, mais levei unha alegría da que quero deixar constancia aquí. Hoxe lin a primeira publicación en web dunha recomendación literaria da miña amiga Andrea Ramos Queixas no blog da editorial Galaxia.
O mérito é para os dous, para ela por saber recomendar e para a editorial por elixir ben as súas recomendadoras.
Deixo imaxes do acontecemento neste blog para podelo lembrar ben cando o espírito o requira.
Parabéns Andrea.

3 comentários:
Moitas grazas e un saúdo dende a Editorial Galaxia. ( http://www.editorialgalaxia.es/weblog/?p=3329 )
Moi bonito o post. Estou de acordo contigo no que dis sobre Pedrayo, que certamente era unha persoa cunha cualidades humanas excepcionais, e tamén coincido contigo en que a xente que nos rodea contribúen a facer de nós mellores ou peores persoas.
Eu tamén quero darlle a noraboa a Galaxia por ter escollido a Andrea Ramos Queixas para facer a crítica, e sobre todo a ela, porque é unha crítica que, en poucas palabras, consigue transmitir moi ben o que é a historia.
Gustoume especialmente esta parte (na que Andrea mostra moita madurez e sensibilidade):
"Nesta narración combínase unha mestura entre realidade inmediata, existente na sociedade actual e non sempre ben comprendida, e unhas pingas de humor que fan que te metas na historia como posible protagonista e pidas retransmitila no teu modo de ser e na túa forma de vivir."
Grazas aos dous polos comentarios, a rapaza meréceos. Saúdos.
Postar um comentário