2009/11/30

Malo será!!


Gadis terá vontade de levar as súas prácticas lingüísticas galegas máis aló dos anuncios publicitarios?

Malo será!!

*Podemos sinalar como avances da empresa na normalización lingüística a versión en galego das páxinas web de Gadisa e do servizo Gadisline que nos permite facer a compra íntegra en galego.

3 comentários:

olga disse...

Pois a min, precisamente esa expresión non me parece moi afortunada. Ese Maloserá paréceme primo de Tan-to-ten. E non me gustan esas expresións de deixar en mans de vaiche boa as cousas.

Chousa da Alcandra disse...

Eu concordo con olga na apreciación e así o expresei no meu post na Chousa. Pero os meus comentaristas recrimínanme duramente. Por goleada parece que arrasa o maloserá. Pois...por algo será

A profa disse...

Concordo con vós, resúltame unha aposta pola quietude, polo conformismo, pola resignación se se quere. Afortunadamente para Gadis non todos pensamos o mesmo. Saúdos.