2010/03/25

Quero que me traten como a unha estranxeira nas vacacións


Vía o Flickr de Alba chego a COSTA DA MORTE 2.0, un proxecto de NERIA para as redes sociais, unha páxina interesante sobre a Costa da Morte só en CASTELÁN e INGLÉS.


Vía Xornal.com, en información do 15 de xaneiro de 2010, atopo que este proxecto conta cun presuposto de 42.000 euros e foi co-financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio; a Deputación da Coruña e a Xunta. Segundo os seus promotores, “converterá á Costa da Morte no lugar máis vangardista en canto á difusión dos seus activos culturais e patrimoniais” e “provocará unha verdadeira transformación sostible na capacidade de xeración de recursos turísticos e económicos”.

Agora fixémonos nos datos de procedencia do turismo en Galicia.

Vemos que o 32% dos turistas somos galegos, partamos que só a metade falamos en galego (que xa é moito partir), seriamos o 16% dos turistas fronte ao 17% dos turistas de fóra do Estado, onde hai que advertir que hai unha gran porcentaxe de turistas portugueses, tamén unha importante porcentaxe de sudamericanos (que falan castelán ou portugués) e que só unha parte do resto de turistas estranxeiros teñen como lingua o inglés. Visto isto, gustaríame saber por que nesta e noutras páxinas os turistas galegos galegofalantes somos ignorados e peor tratados ca outros turistas de procedencias alleas e que non pagan aquí os seus impostos.

E xa postos, tampouco estaría de máis que me atendensen en galego nas oficinas de turismo galegas, que moitas hai que parece que estás en Valladolizzz. E xa de non poder ser tanto, pois algún "graciñas" ao final, que digo eu que se en Asturias, Castela e León, Castela-A Mancha, País Vasco, Cantabria e Cataluña onde si se molestaron en aprender esa palabriña tan difícil aquí non han de estar menos capacitados. 

E por que non, aproveito tamén para me dirixir aos concellos, que dá moita mágoa chegar ás Dunas de Corrubedo (caso verídico) e pedir o folleto en galego e que che digan as persoas que alí te atenden que o senten moito, pero que os folletos en galego foron os primeiros en acabarse e que só teñen en francés, inglés e castelán. E alí, aínda os houbo en galego, que nalgún concello xa me teñen dito que non fan folletos en galego, que lle dan ganas a unha de decidir non volver, a ver se así aprenden.

Conclusión: Quero me traten como unha estranxeira e percibir que se preocupan por me facer sentir cómoda nas miñas vacacións.

3 comentários:

Jose Ramon Santana Vazquez disse...

...traigo
sangre
de
la
tarde
herida
en
la
mano
y
una
vela
de
mi
corazón
para
invitarte
y
darte
este
alma
que
viene
para
compartir
contigo
tu
bello
blog
con
un
ramillete
de
oro
y
claveles
dentro...


desde mis
HORAS ROTAS
Y AULA DE PAZ


TE SIGO TU BLOG




CON saludos de la luna al
reflejarse en el mar de la
poesía...


AFECTUOSAMENTE
A PROFA

ESPERO SEAN DE VUESTRO AGRADO EL POST POETIZADO DE EL NAZARENO- LOVE STORY,- Y- CABALLO, .

José
ramón...

Zeltia disse...

ai, sí, sí, comprendo moi ben que espernexes un pouco!
eu andiven por allariz e gustoume moito que vin sinais de galeguidade por moitísimos recantos, con dicirche que me sorprendeu!
pero, en troques, en Ribadavia, na oficina de turismo falaban castelán, e mesmo falándolles galego seguían a respostarche en castelán! (iso sí teño que dicir que eran unhas mozas moi amables)
pero de seguro que se chegara falando inglés, non ían perder a oportuniade de "locir" o moito ou pouco inglés que soubesen!

A profa disse...

Moitas grazas aos dous pola visita e o comentario, e perdón por non ter respondido antes.