Parabéns Agustín!
Fotografía procedete de Letra en obras |
“Fantasmas de luz” de Agustín Fernández Paz, Premio de Creación Literaria
O xurado da modalidade de Creación Literaria dos Premios da Crítica Galicia 2012, formado por Ana Romaní Blanco, Luciano Rodríguez Gómez; Olivia Rodríguez, Fina Casalderrey Fraga; Isabel Mociño González, Xavier Lama e Blanca Roig Rechou, que actuou como secretaria, acordou outorgar por unanimidade o premio a Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz publicado por Edicións Xerais de Galicia. O xurado apuntou como razóns para premiar esta obra “a súa capacidade de enfiar cine e literatura na arquitectura da novela, unha das marcas poéticas do autor; o tratar problemas da sociedade de hoxe que levan á invisibilidade dos excluídos, aínda que a historia se sitúe nunha etapa anterior á crise; o facelo con humor, fina ironía e unha ollada atenta aos problemas profundos da nosa sociedade; e, por último, pola súa mensaxe final que, malia as denuncias, está cargada de optimismo e esperanza nun futuro mellor.
Escoitemos de palabras do propio Agustín como é o seu libro.
Este libro de Agustín é unha historia do cine, unha historia da crise dun mundo cambiante, a historia dun home, a historia do seu fogar e a historia de todos nós que desexamos ser de cores.
Grazas por alimentarnos.
*Este libro está incluído na listaxe de lecturas optativas de 1º de bacharelato.
*Podedes atopalo tamén na biblioteca do instituto.
Máis información sobre Fantasmas de luz no blog da editorial Xerais.
Máis información sobre Fantasmas de luz no blog da editorial Xerais.
Nenhum comentário:
Postar um comentário