Non son nada modesta, quen me coñece, sábeo, e téñovos que dicir que estou moi orgullosa de que dous dos blogs que teño de referencia na rede decidisen outorgarme o agasallo do selo Vale a pena ficar de olho nesse blog!
Grazas a O Segrel do Penedo (blog da biblioteca do IES de Fene) e a Remexer Na Lingua (blog de Xano Cebreiro) por ter elixido A profa cando hai tan bos blogs por aí adiante.
Como merecedora do agasallo, cumpro cos requisitos para tal merecimento:
- Incrustar a imaxe do selo con ligazón ao que outorgou o premio. (Neste caso, ao se tratar de dúas páxinas diferentes, ligueinas embaixo do selo)
- Ligar dez blogues máis que, segundo o meu criterio, valen a pena.
- Ligar dez blogues máis que, segundo o meu criterio, valen a pena.
Partindo de que non se lle pode devolver o premio a quen cho concedeu, aí vai a miña escolla dos meus imprescindibles por orde alfabética:
- Brétemas - Porque o de Manuel Bragado é moi cómodo como axenda de actualidade.
- Caderno de lingua - Porque o de Román Landín é un dos mellores blogs de lingua e literatura galegas.
- A canción do náufrago - Polas reflexións coetáneas de Francisco Castro.
- Capítulo Cero - Porque o de Manuel Gago é o blog do que me encantaría ser autora.
- Ies Ou Non Ies - Por aquilo da endogamia de nos mirar o embigo docente e polos outros contidos que, se cadra, aínda o fan máis interesante.
- Leandro Lamas - Porque me gustan todos os seus cadros, porque velos é sorrirlle á vida.
- Prolingua - Porque neste blog se poden atopar algunhas das máis atinadas reflexións na rede sobre a situación lingüística.
- Son de poetas - Porque me gustan os blogs especializados, e máis en concreto este de Xoán Díaz, pola súa forma de ir recompilando moi de vagar esas xoias de mestura entre música e literatura.
- Tati Mancebo - Porque me gusta coñecer o futuro.
- Trafegando ronseis - Por moitos motivos pero sobre todo polos seus recursos de publicidade.
*Engado entre os imprescindibles tres Planetakis que por non ser bitácoras individuais non poden recibir o agasallo pero que ben que o merecen:
________
Xa que vai de agradecementos hoxe, quero aproveitar para saudarvos aos que seguides este blog que non é outra cousa que unha forma de ter organizada información que doutro xeito iría perdendo nos cartafoles do ordenador e, o que creo que é máis importante, compartíndoa.
Grazas tamén a tod@s @s que me estades enviando materiais sobre lectura (guías de lectura, etc.).
Anímovos a que compartades esas producións que facedes para a vosa aula, ou na biblioteca, ou no ENDL do voso instituto e que só quedan para vós. É importante que as exportedes, que crucen a fronteira do particular ao público para que todos aforremos tempo e esforzos, que non están as cousas para estar malgastando forzas en cousas xa feitas por outros. Ademais, compartir é unha forma de atopar persoas cos nosos mesmos intereses e liñas de traballo, dígovolo por experiencia.
E, coma sempre, aquí estamos para o que precisedes.
Saúdos.
7 comentários:
Moitas grazas, profa!
Seguro que Capitulo Cero tamén é un pouquiño teu. :-)
Grazas!
(asinado: iesounonies)
que alegriaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaAAAAAAAAAA!!!
agradecidiiiiisssssssssiiiimooooOO!!
por certo, agora tenho que escolher dez blogs!?
Grazas aos tres.
Leandro, se o desexas, si, debes escoller dez blogs segundo as túas preferencias.
Saúdos aos tres.
Pilar, abáfame o teu comentario... pero agradézoo inmensamente e a ver se lle volvo dar a continuidade de hai uns meses, antes de que me embarcase noutras aventuras que me levan o tempo. Hoxe aproveiteei para facelo para destacar un novo recurso dunha compañeira (canto e que ben traballa a xente):
http://cadernodelingua.wordpress.com/2010#blgtk08#/05/20/guia-de-lectura-de-makinaria-de-carlos-negro/
O dito, moitas grazas.
Obrigados PIlar, nós sempre te temos de ollo.
Postar um comentário